Johan Mendiz de Briteiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Johan Mendiz de Briteiros foi un trobador portugués, activo contra 1270-1320. Membro da alta aristocracia portuguesa, era neto de Roi Gomez de Briteiros e fillo de Men Rodrigues de Briteiros. Residiu na corte de Don Dinís e posibelmente tamén na de Afonso X. É autor de 9 textos: 6 cantigas de amor e 3 cantigas de amigo.