Conversa:Afonso X o Sabio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

[editar] Abro debate

Ben, seica a Afonso X correspóndelle segundo a historiografía galega o número IX (aínda que creo que houbo dous Afonsos V que reclamaron pose de Galiza). Ben, o que quería é que cadaquén revisara na súa bibliografía para ver como aparece.

  • Na Gran Historia de Galicia, publicada pola Voz de Galicia e editada por Arrecife edicións galegas aparece como Afonso X.
  • Na EGU en liña tamén aparece como Afonso X o sabio. Alberte Si, dígame? 00:06, 11 abril 2009 (UTC)
O de Afonso IX o Sabio creo que só o vas atopar nalgúns foros reintegracionistas, Anselmo López Carreira e mesmo Camilo Nogueira tamén empregan Afonso X. Paréceme absurdo abrir un debate cando todas as fontes van dar Afonso X como a forma correcta (a que historiografía galega te refires?, eu non sei de ningún libro ou artigo especializado onde apareza IX), a non ser que sexa para contentar algún comentario anónimo.--RNC 08:50, 11 abril 2009 (UTC)
Se no futuro algún especialista emprega Afonso IX para este rei será entón cando podamos comezar a debater.--RNC 08:54, 11 abril 2009 (UTC)
Pois que rápido solucionouse o tema. Grazas pola claridade. Alberte Si, dígame? 12:20, 11 abril 2009 (UTC)
Lido agora con perspectiva decátome que está nun ton non moi cordial, non pretendía iso.--RNC 12:44, 11 abril 2009 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas