Electorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En política, o electorado é o grupo de individuos (ou colectivos) con dereito a voto nunha elección e que emiten o seu voto validamente nela.

O termo pode referirse a:

Tipos e características[editar | editar a fonte]

  • a totalidade de votantes ou electores (o electorado ten a oportunidade de expresar a súa vontade)
  • os partidarios dun grupo, partido político ou individuo en particular (O electorado do Partido Repúblicano é cada vez máis conservador)
  • os electores dunha área xeográfica ou circunscrición determinada (o electorado de Moscova apoiou a Putin)
  • Príncipe elector (Kurfürst) era o título dos sete membros (catro príncipes laicos e tres arcebispos) do colexio electoral que tiña a función de elixir os emperadores de Alemaña, durante a idade Media (na idade Moderna o número ampliouse lixeiramente, e algo máis en época napoleónica).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]