Giovanni Boccaccio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giovanni Boccaccio
Giovanni Boccaccio.jpg
Giovanni Boccaccio
Datos persoais
Nacemento 1313
Lugar Florencia
Falecemento 21 de decembro de 1375
Lugar Florencia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua italiano e latín
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros poesía e narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Giovanni Boccaccio naceu no 1313 seguramente na rexión de Florencia (Italia) e finado o 21 de decembro de 1375, foi un escritor e humanista italiano. É un dos pais, xunto con Dante e Petrarca, da literatura en italiano. Compuxo tamén varias obras en latín. É recordado sobre todo como autor do Decamerón.

Biografía[editar | editar a fonte]

Giovanni Boccaccio naceu en xuño ou xullo de 1313,[1] fillo ilexítimo do mercador Boccaccio (Boccaccino) di Chellino, axente da poderosa compañía mercantil dos Bardi. Nada se sabe con certeza acerca da identidade da súa nai. Discútese onde naceu Boccaccio: puido nacer en Florencia, en Certaldo ou, incluso, segundo algunhas fontes, en París, lugar ao que se desprazaba moitas veces seu pai por motivos de traballo. Sábese que a súa infancia transcorreu en Florencia, e que foi acollido e educado polo seu pai, e incluso continuou vivindo na casa paterna despois de 1319, cando o pai casou con Margherita dei Mardoli. Boccaccio viviu en Florencia até 1325 ou 1327, cando o seu pai o enviou a traballar á oficina que a compañía posuía en Nápoles.

Como Boccaccio mostraba escasa inclinación cara os negocios, o pai decidiu en 1331 encamiñalo caro o estudo do dereito canónico. Tras un novo fracaso, dedicouse por completo ás letras, baixo a tutela de destacados eruditos da corte napolitana, como Paolo da Perugia e Andalò di Negro. Frecuentou o ambiente refinado da corte de Roberto de Anjou, que era amigo persoal do seu pai. Entre 1330 e 1331 ensinou Dereito na Universidade de Nápoles o poeta stilnovista Cino da Pistoia, quen tivo unha influencia notable no Boccaccio mozo.

A mañá do 30 de marzo de 1331, sábado santo, cando o autor tiña vinte e tres anos, coñeceu a unha dama napolitana da que se namorou con apaixonamento —o encontro descríbese na súa obra Filocolo—, á que inmortalizou co nome de Fiammetta («Chamiña») e á que cortexou sen descanso con cancións e sonetos. É posible que Fiammetta fose María de Aquino, filla ilexítima do rei e esposa dun xentilhome da corte, aínda que isto é so un chisme, pois non se encontraron documentos que o confirmen. Fiammetta abriu a Boccaccio as portas da corte e, o que é máis importante, impulsouno na súa incipiente carreira literaria. Baixo a súa influencia escribiu Boccaccio as súas novelas e poemas xuvenís, dende o Filocolo ao Filostrato, a Teseida, o Ameto, a Amorosa visión e a Elexía de Madonna Fiammetta. Sábese que foi Fiammetta a que lle puxo fin á relación entre os dous, e que a ruptura lle causou unha fonda dor a Boccaccio.

En decembro de 1340, despois de polo menos trece anos en Nápoles, tivo que regresar a Florencia a causa dun grave revés financeiro sufrido polo seu pai. Entre 1346 e 1348 viviu en Rávena, na corte de Ostasio da Polenta, e en Forlì, como hóspede de Francesco Ordelaffi; alí coñeceu aos poetas Nereo Morandi e Checco di Melletto, cos cales mantivo despois correspondencia.

En 1348 regresou a Florencia, onde foi testemuña da peste que describe no Decamerón. En 1349 falece o seu pai, e Boccaccio establécese definitivamente en Florencia, para ocuparse do que quedaba dos bens de seu pai. Na cidade do Arno chegou a ser un personaxe apreciado pola súa cultura literaria. O Decamerón foi composto durante a primeira etapa da súa estancia en Florencia, entre 1349 e 1351. O seu éxito valeulle para ser designado polos florentinos para o desempeño de varios cargos públicos: embaixador ante os señores de Romaña en 1350, camarlengo da Municipalidade (1351) ou embaixador de Florencia na corte papal de Aviñón, en 1354 e en 1365.

En 1351 confióuselle a tarefa de desprazarse a Padua, onde vivía Petrarca, que coñecera o ano anterior, para invitalo a instalarse en Florencia como profesor. Aínda que Petrarca non aceptou a proposta, entre ambos escritores estreitaríase unha amizade que duraría até a morte de Petrarca, en 1374.

A tranquila vida de estudoso que Boccaccio levaba en Florencia foi interrompida bruscamente pola visita do monxe sienés Gioacchino Ciani, quen o exhortou a abandonar a literatura e os argumentos profanos. O monxe causoulle tal impresión en Boccaccio que o autor chegou a pensar en queimar as súas obras, do que foi disuadido por Petrarca.

En 1362 trasladouse a Nápoles, invitado por amigos florentinos, esperando encontrar unha ocupación que lle permitise retomar a vida activa e serena que levaba no pasado. Mais, a cidade de Nápoles na época de Xoana I de Anjou era moi diferente da cidade próspera e culta que que coñecera na súa xuventude. Boccaccio, decepcionado, logo a abandonou. Tras unha breve estadía en Venecia para saudar a Petrarca, arredor do ano 1370 retirouse á súa casa de Certaldo, cerca de Florencia, para vivir illado e poder así adicarse á meditación relixiosa e ao estudo, actividades que só interrompeu nalgunhas breves viaxes a Nápoles en 1370 e 1371. No último período da súa vida recibiu do concello de Florencia o encargo de realizar unha lectura pública de A Divina Comedia de Dante, que non puido concluír a causa da enfermidade que lle causou a morte o 21 de decembro de 1375.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vita e opere di Boccaccio. Prima parte" (en italiano). Consultado o 23/VI/2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Giovanni Boccaccio
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Giovanni Boccaccio