Requiario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de prata pertencente ao rei suevo de Galicia, Requiario (448–55). No reverso apreciase a lenda en latín IVSSV RICHIARI REGES, "por orde de rei Requiario".

Requiario ou Rechiarius e tamén pode escribirse, Reckiario (falecido en decembro de 456) foi o terceiro monarca suevo que gobernou o reino de Galicia, desde o ano 448 ata a súa morte (456). Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou a relixión e un dos máis innovadores e belixerantes de entre os monarcas suevos.

Índice

[editar] Achegamento ós galaicorromanos

Logrou romper algunhas barreiras entre os galaicorromanos, a poboación autóctona do antigo reino de Galicia, e os suevos, recentemente chegados, por dous motivos:

  • Aínda que non fora por obra súa, foi o primeiro rei suevo que naceu no reino de Galicia, o cal fixo que no seu novo goberno houbera xa dirixentes con educación romana.
  • Foi o primeiro rei católico que gobernou Galicia, e converteu ó pobo dos suevos a esta relixión no ano 449. Isto fixo caer a este rei na gracia dos galaicorromanos, que eran, coma el, católicos. Antes deste acontecemento, os suevos eran arianos. Este feito fixo que o antigo reino de Galicia fose o primeiro reino católico.

[editar] Economía

Requiario foi pioneiro tamén na economía: foi o primeiro que cuñou a súa propia moeda, substituíndo nelas o seu retrato polo do emperador do Imperio Romano Honorio pero poñendo o seu propio nome no reverso, cuñando en gran cantidade o que constataría o mantemento da actividade económica durante o período suevo.

[editar] Política exterior

Ó contrario que os seus antecesores, decidiu aumentar as súas fronteiras. Casou no ano 449 coa filla de Teodoredo e irmá do rei visigodo Teodorico I, para ter un aliado contra os romanos.

Invadiu o territorio dos vascóns pertencente formalmente á provincia Tarraconense, chegando a dominar parte da conca do Ebro e percorreu as zonas de Zaragoza e Lleida. Acordou no 453 cos romanos, tras a batalla dos Campos Cataláunicos (451) entre un exército romano-visigodo e os hunos, retirarse deses territorios, pero incumpriu o acordado no 456 ao emprender accións na Cartaxinense e seguir tras unhas conversas fracasadas cos visigodos pola Tarraconense.

Isto fixo que o recentemente entronizado rei visigodo Teodorico II vira que o reino suevo se estaba fortalecendo demasiado. Teodorico II foi decididamente prorromano, así que levou ós seus exércitos co apoio do emperador Avito contra Requiario, a quen derrotou na batalla do río Órbigo o 5 de outubro de 456.

[editar] Morte

Requiario refuxiouse en Porto, de onde fuxiu en barco a Roma, onde tiña un amigo chamado Recimiro que o podería axudar. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado, e foi o primeiro rei suevo que morreu asasinado.

Requiario
Nacemento:  ? Falecemento: 456


Títulos Reais
Precedido por
Requila


Rei de Galicia
448–456


Sucedido  por
Aguiúlfo (no norte) e Frantán (no sur)
Outros títulos
Precedido por
Requila


Reis dos Suevos
448–456


Sucedido  por
Aguiúlfo (no norte) e Frantán (no sur)

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas