Andújar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do concello de Andújar en Xaén

Andújar é unha cidade e un concello da provincia de Xaén, en Andalucía (España). Cabeza da comarca da Campiña de Xaén. A poboación do municipio en 2006 era de 38.662 habitantes, sobre un extenso municipio de 957 km², o maior da provincia.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Andújar está situada ao noroeste da provincia de Xaén, aínda que a capital está na campiña e ás beiras do río Guadalquivir, o territorio municipal setentrional está accidentado pola Serra Morena, que en parte conforma o Parque Natural da Serra de Andújar. O Guadalquivir divide o concello en dúas partes diferentes.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos máis antigos pertencen ao Paleolítico acheulense. En época prerromana localizábase aquí a cidade ibérica de Isturgis, aínda que é un erro repetido identificar Andújar con a antiga Illiturgis, que corresponde a actual Mengíbar (o erro consérvase no xentilicio iliturxitano que se adxudica aínda aos andujareños). Foi o Municipium Isturgi Trumphale dos romanos. A denominación Sturgis perduraba aínda en época visigoda.

A partir de 711, a comarca pasou a formar parte do Al Ándalus. En 853 reaparece o topónimo sob a forma Anduyar, precedente do vixente hoxe. Os almohades, no século XII, fortificaron a cidade. Foi reconquistada por Fernando III de Castela de forma pacífica en 1225. Henrique IV de Castela concedeulle o título de cidade en 1467. Foi ocupada en 1808 polos franceses. En 1823, en ocasión da invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, o duque de Angulema emitiu desde aquí unha orde con obxectivo de que cesasen os movementos liberais. En 1873 declarouse cantón federal.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santa María, do século XV, gótica, con torre que talvez proceda da antiga mezquita sobre a que se levantou o templo cristián. Posúe obra do Greco e de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez.
  • Igrexa de San Miguel, de estilo gótico.
  • Casa do Concello.
  • Casa de Don Gómez, palacio urbano de estilo barroco.
  • Ponte do Guadalquivir, que se cre que posúe basamentos romanos.
  • Murallas almohades.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Eufrasio;
  • Romaría da Virxe da Cabeza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andújar