Lista de reis suevos
A primeira persoa a asumir o título de rei na Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristocratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma "reis de Galicia".
Lista dos reis suevos en Galiza:
Primeira liñaxe real (409-456)
Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)
- Frantán (456-457). Dominando a parte sur.
- Aguiúlfo (456-457). Dominando a parte norte.
- Maldras (457-459)
- Frumario (459-463)
- Requimundo (459-463)
- Remismundo (459-469); este último reunifica o reino no 463
Período Escuro (469-550) Período escuro (469-550).
Período final da monarquía sueva (550-585)
- Carriarico (550-559)
- Teodomiro (559-570)
- Miro ou Mirón (570-583)
- Eborico (tamén chamado Eurico) (583-584)
- Andeca (584-585)
[editar] Fin da monarquía sueva
No ano 585 o rei visigodo Leovixildo acode a Galicia baixo o pretexto de destronar a Andeca e repoñer no trono a Eborico, sen embargo unha vez instalado coas súas tropas, Leovixildo usurpa o trono, marcando a fin do goberno e da monarquia sueva no reino de Galicia.