Malarico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Malarico foi un caudillo militar suevo. Trala deposición de Andeca do trono dos suevos xurdeu como pretendente ó trono. Foi derrotado e capturado polas tropas de Leovixildo en 586. Con este último intento acabou toda resistencia sueva. A partir de ese momento a Gallaecia sería gobernada por un dux visigodo aínda que se mantivo en vigor a lei sueva e outras características propias do antigo reino.