Pisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°43′N 10°24′E / 43.717°N 10.400°E / 43.717; 10.400

Pisa
Bandiera repubblica di Pisa.png
The Leaning Tower of Pisa SB.jpeg
Torre de Pisa
Situación xeográfica
Pisa en Italia
Pisa
Pisa
País Italia Italia
Rexión Bandeira de Toscana Toscana
Provincia Pisa (PI)
Xeografía
Altitude 4 msnm
Superficie 185 km² km²
Poboación
Poboación 87 870 (2011)
Densidade 474,28 hab/km²
Xentilicio Pisano
Información
Código postal 56100, 56121-56128
Alcalde Marco Filippeschi (Partito Democratico) 28/04/2008
Páxina web www.comune.pisa.it

Pisa ([ˈpiːsa]) é un concello ("comuna") da rexión Toscana e mais é a capital da provincia homónima de Italia.

Historia[editar | editar a fonte]

Torre inclinada de Pisa

Fundada presumiblemente como colonia grega, foi unha cidade etrusca e despois colonia romana no ano 180 a.C..

Do século IX ó século XI converteuse nunha das repúblicas mariñeiras, combatendo ós árabes polo control do Mediterráneo e rivalizando con Xénova e Venecia.

Pisa tivo un crecemento posterior do poder económico e político debido á adquisición de posesións e dereitos comerciais no leste do Mediterráneo durante o período das cruzadas. Durante as loitas con Xénova pola posesión de Córsega e Sardeña, Pisa foi vencida polos xenoveses na batalla de Meloria no 1284.

Como cidade xibelina, nos s. XIII e s. XIV estivo de arreo en loita con Florencia, á cal venceu no 1406.

Algúns dos monumentos máis importantes de Pisa é a catedral (1068-1118), de estilo románico coa fachada de mármore, portas de bronce de Bonnano Pisano e o púlpito de Giovanni Pisano) e a sonada torre de Pisa, do s. XII, de 55 metros de alto, que se caracteriza pola súa inclinación, que comezou a producirse xusto despois da súa construción.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

A cidade atópase a poucos quilómetros da desembocadura do río Arno, nunha zona de chaira chamada Valdarno inferior, pechada ao norte polo monte Pisani.

A área que rodea a cidade está clasificada como de risco sísmico, o municipio foi o epicentro de dous sismos: o terremoto do 10 de xaneiro de 1168, e o terremoto de 1322 ambos tremores foron dunha magnitude de 4,63 na escala Richter , alcanzando o grao V-VI da Escala de Mercalli.

Topónimo[editar | editar a fonte]

As orixes do nome de Pisa son incertos. A miúdo remóntanse á cidade homónima grega de Elis, habitantes dirixidos por Penélope, poida que fundaran a Pisa Toscana despois da guerra de Troia. Pisa tamén é a miúdo chamada a cidade de Alfea polo seu probable orixe grego (polo río Alfeo en Élide, Peloponeso). Outros historiadores pensan que poida derivar da palabra pise que os etruscos utilizan para "boca" (en lingua acadia pi = boca, estuario de río). Pero a etimoloxía de Pisa tamén pode provir da lingua lígur para indicar un lugar pantanoso, ou segundo Pino Masi, do grego antigo "Bisae" que refírese aos pasos que elévanse dende o río. Pode que esto débase á presencia de dous ríos, o Ozzeri (xa desaparecido) ao norte do asentamento e o Arno ao sur. Mentras que en lingua latina a cidade grega refírese simplemente como Pisa, a cidade da Toscana coñécese como Pisae, en plural, e esto sen dúbida inclina hacia a orixe da pise etrusca, na que os romanos chamaban Pisae, pero a hipótese non é de todo correcta, porque o sustantivo "Pisae" baséase como "pluralia tantum" como tantas outras cidades dos sustantivos latinos (Atenae, Atenarum).

Clima[editar | editar a fonte]

Mes Estación Ano
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Inv Pri Ver Out
T. max. media (°C) 11,2 12,7 14,9 18,3 22,2 26,1 29,3 28,9 25,9 21,2 15,9 12,1 12 18,5 28,1 21
19,9
T. min. media (°C) 2,9 3,5 5,4 8,3 11,7 15,3 17,4 17,5 14,7 10,6 6,6 3,5 3,3 8,5 16,7 10,6
9,8
Precipitacións (mm) 74 64 77 61 59 34 16 60 83 107 106 82 220 197 110 296
823
Fonte: Nuvola apps kweather.png Facoltà di Agraria de Pisa (1961-1990)


Simboloxía[editar | editar a fonte]

BandieraPisa.jpg Pisalogo.png Provincia di Pisa-Stemma.svg CoA Marina Militare Italiana.svg
Bandeira de Pisa, escudo de armas da Cidade e do Concello. Escudo de armas alternativo da Cidade. Áquila Imperial, escudo da Provincia. República Marítima, escudo da Marina Italiana.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Vista dende a Praza do Duomo (Pisa).
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Piazza del Duomo, Pisa
PisaDuomoSunset20020322.JPG

Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1987
País: Italia Italia
Localización: 43°43′N 10°24′E / 43.717°N 10.400°E / 43.717; 10.400
Rexión: Europa
Tipo: Arquitectónico
Criterios: C (i) (ii) (iv) (vi)
Descrición UNESCO: fr en
  • Piazza del Duomo
  • O Duomo
  • Campanile di Santa Maria
  • Battistero
  • Campo Santo
  • Piazza dei Cavalieri
  • Lungarno
  • Le Mura
  • Mural Tuttomondo di Keith Haring

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación censada en Pisa e evolución da mesma dende 1861.

Irmandada[editar | editar a fonte]

Pisa está irmandada con:

  • Francia Angers (1982)
  • Flag of Israel.svg Akko
  • Flag of the United States.svg Niles (Illinois)
  • Flag of the United States.svg Coral Gables
Panorama do centro histórico de Pisa dende o campanario do duomo.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]