Pero Velho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pero Velho foi un trobador portugués que estaría activo na primeira metade do século XIII. Membro da mediana nobreza portuguesa, sería irmán de Pai Soarez de Taveirós. É autor de 3 textos: 2 cantigas de amor (unha con ton paródico) e unha tenzón de temática amorosa que mantén con Pai Soarez de Taveirós.