Afonso Eanes do Coton
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afonso Eanes do Coton foi un segrel galego, nado en Negreira a finais do século XII, activo nas cortes de Fernando III e Afonso X. Consérvanse 24 cantigas súas, a maioría de escarnio.
Mari’ Mateu, ir-me quer eu daquen
por que non poss’ un cono baratar
alguen que me o daria nõno ten,
e algu[a] que o ten non mi o quer dar
[...]
Mari’ Mateu, Mari’ Mateu,
Afons’ Eanes de Coton[1]
[editar] Notas
- ↑ Cantiga atribuida a Afons’ Eanes de Coton e recollida dentro do primeiro volume da Lírica profana galego-portuguesa, publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.