Castelo de Maceda
Coordenadas: 42°16′13″N 07°39′32″W / 42.27028°N 7.65889°W
| Castelo de Maceda | |
|---|---|
| Concello: | Maceda |
| Provincia: | Ourense |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: |
(século XI) |
| Estilo actual: | |
| Estado actual: | Restaurado como hotel-monumento. |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O castelo de Maceda é unha fortificación de orixe medieval situada no concello de Maceda. O actual conxunto arquitectónico presenta un predominio de elementos palaciegos sobre os elementos defensivos, froito da extensa remodelación promovida na Idade Moderna para adecualo ás funcións residenciais.
Índice |
Historia[editar]
A súa orixe remonta aos últimos anos do século XI, cando foi iniciada a torre da homenaxe, posiblemente por determinación real. Mais tárde, o castelo e os seus domínios foron doados como dote de María Fernández, filla do conde de Trava e da condesa de Portugal, Teresa de Leão, co gallo do seu matrimonio con Xoán Ares de Novoa, pasando a integrar os dominios dos Novoa.
Durante a Gran Guerra Irmandiña o castelo foi atacado e arrasado polas forzas irmandiñas, comandadas por Diego de Lemos. No século XVII constatouse que era o conde de Maceda, Alonso de Lanzós e Novoa, descendente de Alonso de Lanzós, un dos principais dirixentes dos irmandiños.
No século seguinte pasou a mans da familia Tabuada, e desta á do pazo de Fefiñáns de Cambados.
Desde o século XVII o complexo viuse deteriorando, até que en 1966 o concello de Maceda o adquiriu, iniciando obras de restauración que espertaron polémica, sinalando algúns estudosos que parte das solucións arquitectónicas ás que se recorreu durante a reconstrución non foron as máis adecuadas.
Actualmente está restaurado, funcionando como hotel-monumento.
Características[editar]
Está construído com perpiaños de granito regulares, que conservan as marcas dos canteiros que os cortaron.
O elemento máis antigo é a torre da homenaxe, de planta cadrada, que remonta ao século XI. Accédese a través dunha porta con arco de volta perfecta. No primeiro pavimento ábrense dúas seteiras, estando o segundo profundamente reformado.
A torre está envolvida por unha cerca, recorrida no seu alto por un adarve e besteiras, delimitando unha praza de armas. Nela ábrese unha cisterna escavada na rocha-nai para salvar unha profundeza de setenta metros para chegar ás augas do río Chaioso.
Na Idade Moderna comezaron as obras para adecuar a edificación á función de morada, construíndose novas dependencias.
A muralla exterior tamén foi obxecto de significativas reformas. Confórmase en catro lados con ameas con besteiras e outras ameas con buracos. Os seus vértices refórzanse cunha torre de planta cadrada e no outro extremo outra de planta circular.
Nunha última fase construtiva, o conxunto foi adecuado aínda máis á función residencial, agregándolle máis elementos palaciegos, miradoiros abalaustrados e unha solana.
Curiosidades[editar]
Segundo a tradición, neste castelo criouse o rei Afonso X, sendo aquí onde aprendeu a lingua galega.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Boga Moscoso, R.: Guía dos castelos medievais de Galicia, páxs. 180-182. Guías Temáticas Xerais. Edicións Xerais, 2003. ISBN 84-9782-035-5
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||