Conto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O conto ou relato curto é unha narración breve, oral ou escrita, na que se relata unha historia tanto real como ficticia. Ademais da súa brevidade, o conto ten outras características estruturais que o diferenzan da novela, se ben a fronteira entre un conto longo e unha novela curta é doada de definir.
[editar] Conto popular e conto literario
Hai dous grandes tipos de contos: o conto popular e o conto literario.
- O conto popular dise que é tan antigo coma a humanidade. Ten algunha característica común coa lenda, aínda que esta última atópase máis ben relacionada cunha persoa ou unha comunidade determinada, cun monumento, un lugar ou un acontecemento cuxa orixe pretende explicar (lendas etimolóxicas). O conto popular caracterízase polo anonimato do autor e pola súa transmisión forma oral, esta ocasiona que o conto sufra modificacións, polo cal se coñecen moitas versións diferentes dun mesmo relato.
- O conto literario é o que se transmite mediante a escritura. Os contos de transmisión escrita están xeralmente en prosa. O autor adoita ser coñecido. Ó estar fixado por escrito, o texto non sofre as modificacións que son frecuentes no conto popular. Este tipo de conto é de procedencia oriental. De orixe medieval e oriental, As mil e unha noites é a primeira grande compilación de contos que se coñece. Unha das primeiras manifestacións en lingua castelá foi El conde Lucanor, que reúne 51 contos de diferentes orixes, escrito polo infante Don Juan Manuel no século XIV.
[editar] Subxéneros
Dentro dos contos tamén hai subxéneros:
- Conto de terror
- Conto poético
- Conto de ciencia ficción
- Conto de fantasía
- Conto infantil
- Conto de fadas
- Conto dramático
- Conto ilustrado
- Conto fantástico
[editar] Etimoloxía da palabra conto
O vocábulo conto provén de contar, o que se di a viva voz. De aquí deriva o conto popular, que era tamén anónimo, extenso, con numerosos personaxes, tramas complexas, climax narrativo e efectos múltiples. E sobre todo, con desenlaces inesperados.