Airas Nunes
Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nacido moi probablemente en Galicia.
Índice |
[editar] Vida e obra
Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castilla. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como Don Dinís, Afonso X, João Zorro e Nuno Fernandes Torneol.
Pénsase que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga de amigo Bailemos nós ja todas tres, ay amigas, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- TAVANI, G., Le poesie di Ayras Nunez, Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
[editar] Ligazóns externas
- Bailemos nós ja todas tres, ay amigas, recreación musical coa música da CSM 116