Universidade de Salamanca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Universidad de Salamanca | |
|---|---|
Patio das Escolas da Universidade. |
|
| Localización: | Salamanca, Ávila, Béjar e Zamora |
| Reitor: | Daniel Hernández Ruipérez |
| Estudantes: | 32.406 |
| Enderezo: | Patio de Escuelas nº 1 37008 - Salamanca, |
| Páxina web: | www.usal.es |
A Universidade de Salamanca (en latín Universitas Studii Salmanticensis) encóntrase emprazada na cidade de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León. É a universidade máis antiga de España que existe na actualidade e unha das catro máis antigas de Europa que seguen abertas actualmente, tras as de Boloña, Oxford e París (hoxe A Sorbona).
O Studium Generale, xerme da universidade, instituido en 1218, era nese momento o segundo máis antigo de España, tras o studium de Palencia (fundado entre 1208 e 1214), e ademais foi a primeira institución educativa europea que obtivo o título de Universidade por unha bula de Alexandre IV no ano 1255.[1]
No curso 2011-2012 o seu número de alumnos era de 32.406.[2]