Andeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monarcas de Galicia
Reis de Galiza2.jpg

Reis suevos

Reis visigodos

Señores territoriais

Reis desde Oviedo

Reis desde León

Reis de Galicia e León

Reino de Galicia

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585, sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.

Índice

[editar] Traxectoria

Ripáralle o trono ao seu predecesor Eurico, a quen enclaustrou nun mosteiro e casou coa súa muller coa fin de garantir a continuidade de sangue. Co gallo de mediar na desavinza dinástica, Leovixildo adentrouse en Galicia cos seus exércitos e, tras derrotalo, saqueou a capital (Braga), fíxose co tesouro real e anexionouse o Reino Suevo de Galicia.

Esta voltaba á fe ariana na súa caste dirixente e ficaba convertida nunha unidade gobernativa e xurisdicional da monarquía visigoda de Hispania ao mando dun dux; este cargo será exercido en varias ocasións por fillos de monarcas que gobernaron a antigo territorio suevo a título de rei (Wamba, Vitiza). Andeca tamén foi obrigado a ingresar nun mosteiro, mais a nobreza que o aupara non semella que perdera, na nova dependencia política, o seu dominio territorial.

O crónica blicarense descualifícao como tirano ao non recoñecer a licitude da súa toma do poder e responsabilizalo da desputa que abriu as portas ao, tamén deostado pola crónica, rei Leovixildo.

[editar] Tentativa de independencia

Tras o destronamento de Andeca por parte dos visigodos, un nobre de liñaxe real, descendente do rei Miro chamado Malarico, encabezou unha rebelión para liberar o reino de Galicia das mans visigodas. A forte presenza militar visigoda no reino acabaría coa revolta no ano 586 e Malarico, sería apresado pouco antes da morte de Leovixildo.

[editar] Curiosidades

A finais do século XIX o historiador Benito Vicetto transcribiu o seu nome Andeca ou Audeca como Xandeza ou Xan Deza, relacionando a raíz etimolóxica deste nome coa comarca do Deza.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Andeca
Descoñecida
Nacemento:  ? Falecemento:  ?


Títulos Reais
Precedido por
Eborico


Rei de Galicia
584–585


Sucedido  por
Leovixildo
Invade o reino
e faise co seu goberno
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas