Deporte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O deporte é unha actividade física, lúdica e mental que esta suxeita a unha serie de determinadas regras. Algúns deportes practícanse con vehículos. Neste caso é máis importante a destreza e a concentración que a actividade física. Xeralmente practícase un deporte para divertirse, pero existen competicións nas que os deportistas xogan para ver quen é o mellor. Os deportes poden ser colectivos ou individuais: nos colectivos, xógase en equipo, e nos individuais, xoga unha persoa contra outra (ou outras).
É posíbel que os deportes naceran na prehistoria, aínda que isto non esta demostrado. O que si está demostrado é que moitas civilizacións antigas practicaban deportes, como a azteca, a exipcia, a grega, a chinesa, a aborixe australiana, ou a romana. De feito, os Xogos Olímpicos teñen a súa orixe na cidade Olimpia da antiga Grecia.
Índice |
[editar] Deportes
- Ver artigo principal: Lista alfabética de deportes.
[editar] Deportes tradicionais galegos
- Ver artigo principal: Xogos e deportes tradicionais galegos.
[editar] Deportes de pelota
- Baloncesto
- Balonmán
- Béisbol
- Críquet
- Fútbol
- Fútbol americano
- Fútbol australiano
- Fútbol canadense
- Fútbol de Arxentina
- Fútbol sala
- Golf
- Frontón
- Hockey sobre herba
- Hockey sobre patíns
- Hockey sobre patíns en liña
- Hockey sobre xeo
- Microfútbol
- Pelota basca
- Polo
- Rugby
- Squash
- Tenis de mesa
- Tenis
- Voleibol
- Vaterpolo

