Reino de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución do Reino de Córdoba.

O reino de Córdoba foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un do catro reinos de Andalucía.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Desde o punto de vista xurisdiccional o territorio do reino de Córdoba era reguengo e señorial. O reguengo centrábase ao redor da cidade de Córdoba e os seus arredores, mentres que ao norte e ao sur da capital existían extensos señoríos territoriais da Casa de Aguilar-Priego, a Casa de Cabra e do Condado de Santa Eufemia, así como outros señoríos menores, como o Marquesado de Benamejí, o Condado de Luque e as posesións da Casa de Comares e da Casa del Carpio.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a Provincia de Córdoba, que se formou unindo as localidades do reino homónimo e os seguintes lugares de Estremadura: Belalcázar, Fuente la Lancha, Hinojosa del Duque e Villanueva del Duque. Con todo Chillón e a súa aldea de Guadalmez,[3] lugares pertencentes ao reino, pasaron a formar parte da provincia de Cidade Real. Así mesmo a nova provincia incorporou dúas exclaves do Reino de Xaén que existían no reino de Córdoba: Belmez (que incluía Peñarroya-Pueblonuevo, segregada en 1886) e Villafranca de Córdoba, antes "das Agullas". Actualmente a provincia de Córdoba está composta polos municipios que poden verse nos anexo Municipios da provincia de Córdoba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]