Dinastía de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A designación Dinastía de Borgoña aplícase á dinastía real que gobernou en Galiza (1095-1369), Portugal (1096-1383), León (1126 e 1369) e Castela (1230-1369), tendo diferentes pólas. En efecto, a Dinastía de Borgoña reinante en Portugal deriva da casa ducal de Borgoña, por vía do conde D. Henrique, e a dinastía de Borgoña reinante primeiramente en Galiza e posteriormente tamén en reino de León e reino de Castela derivada da casa condal de Borgoña, por vía do conde D. Raimundo, pai do emperador Afonso VII.

Dinastía de Borgoña en Portugal[editar | editar a fonte]

D. Afonso Henriques, fundador da Nación Portuguesa e da dinastía borgoñesa.

A Dinastía de Borgoña, tamén chamada Afonsina (polo elevado número - catro - de reis co nome de Afonso) foi a primeira dinastía do reino de Portugal. Comezou en 1096, aínda como mero condado (autonomizado en reino en 1139-1143) e rematou no ano 1383-1385. D. Afonso Henriques tornouse Príncipe de Portugal despois de vencer os nobres galegos, os Pérez de Traba, aliados de súa nai, D. Tareixa, na batalla de San Mamede en 1128. Foi apenas en 1179 que o papa Alexandre III recoñece Portugal como un estado independente, o que na época era fundamental para a aceptación do reino no mundo cristián. D. Sancho I sucede a D. Afonso I, o seu pai. Á semellanza do anterior continuou o proceso de Reconquista da Península Ibérica baixo dominio mouro. A D. Sancho I sucedeu D. Afonso II, seu fillo. En 1233 o seu fillo D. Sancho II sucedeuno. O reinado deste non durou moito tempo e en 1248 o seu irmán subiu ao trono, D. Afonso III. Foi el que rematou coa presenza musulmá en Portugal, readaptando o título de Rei de Portugal e do Algarve. As fronteiras do territorio definidas polo Tratado de Alcañices (1297), D. Dinís, fillo de Afonso III e herdeiro da coroa, comezou un proceso de explotación da terra do reino. En 1325 sucedeuno D. Afonso IV, cuxo fillo, D. Pedro I, protagonizou un dos episodios máis coñecidos da historia de Portugal, que Luís de Camões incluíu n'Os Lusíadas, o amor de Pedro e Inés de Castro. Coa morte de D. Pedro I, o fillo primoxénito, D. Fernando subiu ao trono en 1367. En 1383 a súa filla, D. Beatriz, casou con Xoán I de Castela, o que complica a continuidade da dinastía. En 1383, coa morte de D. Fernando, o reino entra en anarquía total, coa ameaza de anexión polo reino de Castela. Despois da elección de D. Xoán I como rei nas Cortes de Coimbra de 1385, considerase iniciada unha nova dinastía, pola creba na sucesión lexítima, aínda que o novo soberano descenden directamente do rei Pedro I.

I DINASTIA PORTUGUESA - De Borgonha
(Versexada en portugués)

Afonso Henriques, primeiro
rei-dos-reis, Conquistador,
reuniu Portus a Calle,
e Dom Sancho, seu herdeiro,
guerreiro, Povoador,
continuou Portugal.

Para exemplo crucial
face ao inimigo esconso
pondo seu pai em memória,
fecundo além do normal
Dom Sancho gerou Afonso,
o Gordo da lusa-história.

Vindo em linha sucessória
surge Dom Sancho-segundo,
o Capelo, régio e crente,
irmão do terço em glória,
também Afonso pró mundo,
o Bolonhês sapiente.

Segue avante a lusa-gente
sob um reinado feliz
que mais e mais se levanta
na gestão eficiente
do Lavrador Dom Dinis
casado com uma Santa.

Mais um Bravo se implanta,
el-rei Dom Afonso-quarto,
temido e assaz guerreiro,
pai do rei que nos encanta
em tempo curto mas farto,
Dom Pedro, o Justiceiro.

Enfim o rei derradeiro
da primeira-dinastia,
Dom Fernando, o «Formoso»,
de grandes males urdeiro
por ter dado em primazia
sua filha a rei maldoso.

Porto - Portugal
António Torre da Guia

Reis da Dinastía Afonsina[editar | editar a fonte]

Dinastía de Borgoña en Galiza, León e Castela[editar | editar a fonte]

Miniatura representando Afonso VII, o primeiro monarca da Casa de Borgoña en León e Castela, existente no Tombo de Santiago de Compostela.

Na inexistencia de herdeiros masculinos do emperador Afonso VI de León e Castela, sucedeuno no trono a súa filla Urraca de León e Castela, que fora casada con Raimundo de Borgoña, descendente dos condes de Borgoña, con todo falecido. Por esa vía, cese a varonía na Casa de Navarra (iniciada tres cuartos de século antes coa subida ao trono de León e Castela de Fernando Magno), e comezaba a Dinastía de Borgoña en León e Castela coa subida ao trono do fillo de ambos, Afonso Raimúndez, que pasou á historia como Afonso VII de León e Castela, o Emperador, rei de Galicia (1112-1157), e de León e Castela (1126-1157).

Coa morte de Afonso VII (1157), os seus dominios son repartidos por dous dos seus fillos, Fernando, que recibe León e Galicia, e Sancho, que queda cos reinos de Castela e Toledo. Por conseguinte, pasan a reinar nos dous reinos agora separados dúas ramas da mesma casa. En 1230 procedeuse á unión definitiva das coroas de León e de Castela, na persoa de un bisneto de Afonso VII, Fernando III de León e Castela, o Santo.

A Dinastía de Borgoña continuaría a gobernar a Coroa de Castela agora unificada ata 1369, data do asasinato do rei Pedro I polo seu medio irmán Henrique, Duque de Trastámara. Tal como sucedeu en Portugal dezaseis anos máis tarde, a sucesión por un medio irmán deu orixe a un paro dinástica, iniciándose así a Casa de Trastámara en Castela.

Reis da Dinastía da Borgoña[editar | editar a fonte]

Reis da Galiza[editar | editar a fonte]

Reis de León[editar | editar a fonte]

Reis de Castela[editar | editar a fonte]

Coroa de León e Castela[editar | editar a fonte]

Xenealoxías da Casa de Borgoña en Castela e Portugal[editar | editar a fonte]

Xenealoxía dos reis de Portugal da Casa de Borgoña (en laranxa).
Xenealoxía dos reis de Castela da Casa de Borgoña (en amarelo).