Lista de monarcas de León
O reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León, nos tempos de Afonso III de Asturias. Máis tarde, por súa morte, este rei dividiu o seu reino entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II na Galiza, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León.
Entidade hexemónica, por algúns períodos de tempo o reino de León se dividiu noutros varios reinos (Castela, Galiza e Portugal), para despois se volver a unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguiuse en 1230, cando foi definitivamente absorbido por Castela; desde entón os reis daquel reino foron tamén reis de León.
Índice |
Dinastia Asturo-leonesa ou Pelaxiana (866-1037) [editar]
- Afonso III de Asturias ou Afonso Magno (866-910)
- García I de León (910-914)
- Ordoño II (914-924), tamén rei da Galiza (910-924)
- Froila II (924-925), tamén rei das Asturias (910-925)
- Afonso Froilaz (925-926), reinado contestado; foi deposto por unha conxura dos seus primos Afonso IV de León; Sancho Ordoñes e Ramiro II, fillos de Ordoño II.
- Afonso IV de León (925-931) (morreu en 933)
- Ramiro II de León (931-951)
- Ordoño III (951-956)
- Sancho I de León, o Craso ou o Gordo (1.ª vez: 956-958)
- Ordoño IV de León, o Mau (958-960)
- Sancho I de León, o Craso ou o Gordo (2.ª vez: 960-966)
- Ramiro III de León (967-984)
- Bermudo II de León, o Gotoso (982-999)
- Afonso V de León, o Nobre (999-1028), o primeiro a usar o título de rei de Castela (como Afonso V de Castela)
- Bermudo III de León (1028-1037)
- Sancha I de León (1037-1065), irmá de Bermudo III, casada con Fernando, primeiro rei de Castela; era de jure a raíña de León, como o comproban as crónicas da época
[editar]
Despois de derrotar as tropas leonesas e da morte do rei Bermudo III, Fernando I, que xa era rei de Castela (que se autonomizara de condado en reino chefiado polos reis de Navarra), accedeu ao trono de León; o seu dereito fundamentábase no casamento con Sancha, irmá de Bermudo; trátase da primeira unificación dos tronos de León e Castela.
- Fernando I de León e Castela, o Grande (ou Fernando Magno), rei de Castela (1035-1065) e rei consorte de León (1037-1065); a soberana de León é, de jure, a súa esposa Sancha.
Despois da morte de Fernando, o reino foi repartido polos seus tres fillos, García (Galiza), Sancho (Castela) e Afonso (León).
- Afonso VI de León e Castela, o Bravo, rei de León (1065-1109), da Galiza (1071-1109) e de Castela (1072-1109), usando o título de emperador a partir de 1073
- Sancho II de León e Castela, o Forte, rei de Castela (1065-1072), chegou a reinar durante algúns meses de 1072 sobre León, que desposou ao seu irmán.
- Urraca de León e Castela (1109-1126), casada con Raimundo da Borgoña (m. 1107) e despois con Afonso I de Aragón, o Batallador, rei-consorte, non de jure
Dinastía da Borgoña (1126-1230) [editar]
- Afonso VII de León e Castela, o Emperador, usando o título de emperador (1126-1157)
Despois da morte de Afonso VII, o reino foi repartido polos seus dous fillos, Fernando (León) e Sancho (Castela e Toledo).
- Fernando II de León (1157-1188)
- Afonso VIII de León, o Galego (1188-1230), ese é o seu ordinal na cronoloxía leonesa, pero é mais coñecido como Afonso IX (o correspondente na cronoloxía castelá) casado con Berengaria de Castela
- Sancha II de León e Dulce I de León (1230)
Após a morte de Afonso IX, o seu fillo Fernando, xa rei de Castela (herdanza materna), herdou tamén a coroa de León, a pesar do seu pai o ter desherdado en favor das fillas Sancha e Dulce. Polo acordo de paz firmado por mediación da súa nai, Santa Teresa de Portugal, estas renunciaron ao trono en favor do medio-irmán; foi entón que se deu a unificación definitiva das coroas de León e Castela, manténdose embora os privilexios, foros e costumes propios de cada reino en separado.
Dinastía da Borgoña (restauración: 1284-1285 e 1296-1301) [editar]
Xurdiron aínda novas tentativas de autonomizar o vello reino de León. O sucesor de Fernando III, o célebre Afonso X, o Sabio, desherdou en 1282 o seu segundo fillo (o futuro Sancho IV de Castela), con quen se puxera a mal, atribuíndo ao neto que tivera do seu fillo mais vello, Fernando de Lacerda, a coroa de Castela, e ao seu fillo terceiro, Xoán de Castela, a coroa de León. Por morte do rei, Sancho fíxose coroar, contra o estabelecido en testamento, rei de León e Castela, e o seu irmán Xoán declarase rei de León. Con todo, Sancho domina a situación, e só despois da súa morte, o infante D. Xoán, aproveitando a menoridade de Fernando IV de Castela, goberna de facto León como reino autónomo.
Dinastía de Lencastre (1371-) [editar]
Após o asasinato do rei Pedro I de Castela, o último membro da dinastía da Borgoña, e a subida ao trono do Trastámara, Henrique II de Castela, o duque de Lencaster Xoán de Gaunt casou con unha filla daquel, Constanza, e xulgouse con pretensións ao trono; foi aclamado rei por algúns nobres leoneses, mais a aceptación non foi total.
A lista prosegue con Lista de monarcas de Castela.
Véxase tamén [editar]
| Listas de monarcas dos reinos cristianos da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
| Portugal | España | ||||||||
| Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
| Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca | ||