Aguilar de Campoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°47′33″N 4°15′37″W / 42.79250°N 4.26028°W / 42.79250; -4.26028

Aguilar de Campoo
Flag of None.svg Escudo de Aguilar de Campoo.svg
Aguilar de Campoo - Plaza de España 5.JPG
Praza Maior de Aguilar de Campoo.
Situación xeográfica
País España España
Com. Autónoma Castela e León
Provincia Palencia
Comarca Montaña Palentina
Xeografía
Altitude 892 msnm
Superficie 236,54 km²
Poboación
Poboación 7.203 hab. (2012)
Densidade 30,45 hab./km²
Xentilicio aguilarenses
Información
Código postal 34800
Alcalde María José Ortega Gómez (PP)
Páxina web aguilardecampoo.es

Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7.203 habitantes (INE 2012). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Colexiata de San Miguel

O topónimo Campoo provén do topónimo latino Campodium, "val". Está moi estendido en toda a comarca histórica de Campoo-Los Valles: Alto Campoo, Hermandad de Campoo de Suso, Campoo de Enmedio e Campoo de Yuso. O termo Aguilar fai referencia á antiga colonia de aguias presentes na zona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está a unha distancia de 99 km de Palencia, capital da provincia, e a 102 km de Santander (Cantabria). Atópase na ribeira do río Pisuerga, na comarca da Montaña Palentina e inmersa no territorio histórico de Campoo.

Industria[editar | editar a fonte]

Na historia máis recente cabe destacar a industria galleteira na vila. Nos anos 60 houbo en Aguilar cinco fábricas de galletas: Gullón, Ruvil, Fontaneda, Tefe e Fontibre (9 de cada 10 galletas que se consumían en España saían das fábricas aguilarenses). Na actualidade existen tres fábricas galleteras na vila: Galletas Gullón 1, Galletas Gullón 2 e Forno de Galletas Aguilar (Grupo Siro). Recentemente, púxose en marcha unha nova fábrica de alimentación (Produtos Alimenticios La Familia-pan de molde), pertencente tamén ao Grupo Siro.

Cabe apuntar as importantes revoltas na primavera de 2003 cando a multinacional United Biscuits, que comprara a fábrica de Galletas Fontaneda cinco anos antes, quixo pechala deixando sen traballo a preto de 300 persoas (destacar que no ERE dos anos 90 xa houbo 300 despedimentos e que nos anos gloriosos da fábrica, chegou a haber ata 1000 obreiros na mesma). Os traballadores de Fontaneda recibiron o apoio de toda a provincia, e o seu símbolo dunha galleta na que se lía "Fontaneda es de Aguilar" (a palabra "Aguilar" estaba troquelada en todas as galletas María) percorreu toda a península. Grazas ao bo facer do Grupo Siro, a fábrica segue funcionando, pero xa sen a marca Fontaneda.

Esta actividade, que comezou a partir dos reposteros locais, que as elaboraban co trigo de Castela e o azucre e outros produtos das antigas colonias españolas, importados polo porto de Santander, segue constituíndo unha das principais industrias de Aguilar de Campoo.

Aguilar sempre estivo moi vinculada á industria alimentaria, pero tamén cabe destacar unha empresa dedicada á industria química sendo das máis lonxevas da vila. Loga Colas y Adhesivos permanece instalada desde mediados dos anos 50, orixinariamente dedicada á fabricación de xabóns.

O municipio alberga tamén un importante encoro que ocupa unha superficie próxima ás 1.650 hectáreas e ten unha capacidade de 249 millóns de metros cúbicos de auga, trátase do Pantano de Aguilar. Este encoro permite a produción de enerxía eléctrica e a práctica de deportes náuticos.

O turismo cultural e rural atópase actualmente nunha fase de gran expansión neste municipio e a súa comarca, como a SCEAC, Semana de Cine de Aguilar, que leva xa máis de dez anos levándose a cabo, ou o veterano Encontro Internacional de Artistas Rueiros (ARCA) que en agosto de 2009 celebrou a súa quincuaxésima edición.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Claustro do Mosteiro de Santa María a Real.

A vila de Aguilar de Campoo posúe un importante patrimonio artístico e cultural no que destacan moi notables edificacións de carácter relixioso, civil e militar de estilos románico, gótico e renacentista, así como as razoablemente ben conservadas ruínas de elementos defensivos e militares. Entre eles destacan:

  • Mosteiro de Santa María a Real: antigo cenobio da orde Premonstratense que acolle a sede da Fundación homónima, o Centro de Estudos do Románico e o Museo do Territorio e do Románico.
  • Colexiata de San Miguel
  • Castelo medieval
  • Mosteiro de Santa Clara
  • Praza Maior: ademais da Colexiata, atópanse varios palacios, entre eles o dos Marqueses de Aguilar (de estilo barroco), o dos Fontaneda, casaróns de estilo señorial cántabro (con amplas galerías mirando cara ao sur), a "casa de las siete linajes", etc.
  • Palacio dos Marqueses de Aguilar de Campoo (do que se conserva unha das súas ás)
  • Igrexa de Santa Cecilia
  • Igrexa de Santa Clara
  • Murallas medievais: conservándose aínda seis da sete portas que en orixe tivo a vila. Estas son a Porta de Reinosa (conserva unha lápida hebrea), a da Tobalina, a de Barbacana ou Paseo Real, a do Portazgo, a da Cascajera e a de San Roque.
  • Pontes sobre o río Pisuerga: cabe destacar a impoñente Ponte Maior e a ponte do Portazgo, ambos de orixe medieval; a ponte do Muíño Turruntero; a ponte das Tenerías; e a ponte da Teja. Ademais doutros de moderna construción.

A vila de Aguilar de Campoo foi declarada Conxunto Histórico-Artístico o 20 de xaneiro de 1966.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguilar de Campoo Modificar a ligazón no Wikidata