Martin Moxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Moxa
Biografía
Nacemento1200 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (823/824 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Martin Moxa (ou Moya) foi un trobador do século XIII.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dunha das súas composicións dedúcese que era clérigo.[2] Estivo activo na corte de Afonso X. Carolina Michaëlis suxire que era de orixe aragonesa, porén, António Resende de Oliveira sitúa a súa procedencia na localidade castelá de Moya (preto á fronteira coa coroa de Aragón).[3] Xosé Antonio Souto Cabo sostén unha orixe galega ao identificalo en documentación da catedral de Santiago do 1281, segundo esta hipótese sería un cóengo compostelán con propiedades na zona de Padrón, probable fillo de Johan Martins Moxe.[3] 

Descoñécese a data da súa morte, con todo, puido falecer a unha idade moi avanzada, xa que a súa lonxevidade foi obxecto de escarnio por parte do xograr Afonso Gómez de Sarria.[4] 

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse dezaoito obras e unha tensón de dubidosa autoría. Son doce cantigas de amor, catro sirventés, e unha cantiga de escarnio e maldicir, ademais dunha composición de difícil catalogación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]