Hermerico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.

Hermerico (?-441) foi o primeiro rei suevo de Gallaecia, reinou dende o 409 até o 438. Dirixiu ó seu pobo dende o Rin até Gallaecia, onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un foedus con Roma mediante o cal establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptaba ó emperador como o seu superior (410). En teoría actuaba como federado de Roma e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo Valia e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a Bética. En 438 asociou ó seu fillo Requila ao trono.

Índice

[editar] Abdicación

Despois de sete anos de enfermidade, as circunstancias físicas forzan a Hermerico a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno de todo o reino de Galicia —así como os territorios meridionais conquistados— ao seu fillo e herdeiro, Requila, confirmando deste xeito a sucesión patrilineal nos hábitos de transferencia de poder entre os monarcas suevos como sucedía cos francos, e diferindo xa temperamente da sucesión electiva, propia de outros pobos xermánicos como os visigodos. Hermerico marcará unha liñaxe real, da que non coñecemos a orixe mais si a fin, que se produce no ano 456, coa morte do seu neto Requiario.

Hermerico
Nacemento:  ? Falecemento: 441


Títulos Reais
Precedido por
Novo título


Rei de Galicia
409–438


Sucedido  por
Requila
Outros títulos
Precedido por
Nova titulación
en Galicia


Rei dos Suevos
409–438


Sucedido  por
Requila

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8-49620-327-1.

[editar] Outros artigos


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas