Fernan Garcia Esgaravunha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fernan Garcia Esgaravunha foi un trobador portugués, que estivo activo na segunda metade do século XIII. Membro da poderosa familia dos Sousa, era fillo de Garcia Mendiz de Eixo e marido da filla de Abril Perez. Foi autor de 20 textos: 18 cantigas de amor, 1 cantiga de escarnio e 1 sátira literaria.