Aquisgrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°47′N 06°05′E / 50.783°N 6.083°E / 50.783; 6.083

Vista xeral de Aquisgrán

Aquisgrán[1] (en alemánAachen[ˈʔaːxən] (AFI)De-Aachen-2.ogg escoitar, en fráncico ripuarioOche, en francésAix-la-Chapelle​[ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410. A poboación é de 260.454 (2011)

Historia[editar | editar a fonte]

Os romanos chamaron ás fontes termais sulfurosas da zona Aquis Granum , e calanizáronnas para utilizalas como caldas. Tras a marcha dos romanos estiveron abandonadas ata o século VIII, aparecendo entón co nome de Aquis Villa. No ano 768, Carlomagno chegou a Aquisgrán pola primeira vez, gustoulle a zona e vinte anos despois comezou a construír un palacio, a súa capela palatina vaise converter na catedral de Aquisgrán que comezou a construírse no ano 796 e Carlomagno pasou a maioría dos invernos que van do ano 800 ata a súa morte acontecida en 814 en Aquisgrán para utilizar as caldas. Á súa morte soterrouse na capela.

No ano 936, coroaron a Odón I rei na catedral e desde entón Aquisgrán foi o lugar de coroamento dos reis do Sacro Imperio Xermánico durante os seguintes 600 anos, o último foi Fernando I en 1531. Durante toda a Idade Media Aquisgrán foi unha das cidades máis grandes do Imperio, en 1166 declarárona Cidade Libre Imperial separada do Ducado de Baixa Lorena. En 1668 asinouse o Tratado de Aquisgrán logo da Guerra de Devolución. Despois da Guerra dos Trinta Anos permaneceu tan só como unha cidade de importancia rexional. En 1801 pasou a ser anexionada por Francia pero o Congreso de Viena de 1815 asignouna a Prusia. Cara a 1880 a súa poboación era de 80.000 persoas e era un importante nó de comunicacións ferroviarias, converténdose nun núcleo manufactureiro onde se fabricaba ferro para os ferrocarrís e fibelas, botóns e agullas, destacando ademais en tabaco, e en tecidos de la e seda. Durante a Segunda Guerra Mundial quedou moi danada, destruíndo os bombardeos dous terzos da cidade e foi, o 21 de outubro de 1944, a primeira cidade alemá ocupada polas tropas aliadas.

Economía[editar | editar a fonte]

Aquisgrán conta con plantas industriais, en especial téxtiles, siderúrxicas e químicas pero recentemente tamén se estableceron empresas tecnolóxicas so o pulo da Universidade Técnica de Aquisgrán, situándose nunha das rexións economicamente máis vigorosas da Unión Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.