Maximino Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maximino Magariños
Maximino Magariños 1910.jpg
Nacemento18 de novembro de 1869
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de marzo de 1927
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago
Ocupaciónescultor, imaxineiro e ebanista
editar datos en Wikidata ]

Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927[1], foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego. Un dos tallistas máis importantes de finais do século XIX e comezos do XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A sinatura do Concordato entre a Igrexa católica e o estado español no ano 1851, e a promulgación da Lei de 1860 pola cal a administración se comprometía a reconstruír igrexas, provocou o crecemento dos obradoiros de imaxineiros. O pai de Maximino Magariños tiña un destes talleres en Santiago de Compostela, e foi naquel ambiente no que dou os seus primeiros pasos no oficio. Academicamente formouse coa axuda da Sociedade Económica de amigos do País, acadando mais tarde unha bolsa coa que ampliou estudos en Madrid.

Obra[editar | editar a fonte]

Con influenzas historicistas e tradicionais, a súa obra encádrase no estilo ecléctico do seu tempo. Os seus retablos relixiosos, tallados en nogueira, castiñeiro ou cedro, mesturan estilizacións prerrafaelistas con formulas barrocas. Traballou sobre todo na contorna compostelá, aínda que tamén ten obras de interese na zona de Vigo e Pontevedra. Algúns exemplos son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. del Castillo Fondevila, María Esther (2018): "Maximino Magariños", en Pedras Vivas nº 49, agosto 2018 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]