José Torres Creo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Torres Creo

José Torres Creo en 1909, Vida Gallega[1]
Biografía
Nacemento5 de abril de 1874 Editar o valor em Wikidata
San Xulián, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1939 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , organista Editar o valor em Wikidata
Necrolóxica de José Torres Creo en El Pueblo Gallego.

José Torres Creo, nado en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) o 5 de abril de 1874 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1939,[2] foi un compositor e organista galego. Autor de numerosas cancións galegas para orfeón, e publicadas posteriormente en versión de voz e piano, entre as que destaca O sol da primavera, con texto do arcebispo e poeta Manuel Lago González.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1884 ingresou como neno de coro na catedral de Santiago de Compostela, onde se formou co mestre de capela Juan Apóstol Trallero Palmer e co organista dese período Santiago Tafall Abad (1881-1895).

En 1891, coincidindo coa morte do seu mestre, chegou a Tui como segundo organista. Ese ano compuxo, para o orfeón que dirixe no seminario de Tui, a peza O sol da primavera, con letra de Manuel Lago, profesor nese intre do mesmo centro.

Marchou en 1892 a Vigo como segundo organista da igrexa de Sta. María (actual concatedral), e dous anos máis tarde obtivo a praza de titular. Exerceu como profesor de piano, pianista de café, director de diversos orfeóns e creou a capela musical Torres Creo, que actuou en numerosas funcións relixiosas en Vigo e a súa contorna, continuando despois da súa morte co seu sucesor Marino Gutiérrez ata finais dos anos 60.

Na década de 1920 foi cando a súa obra foi máis difundida. Publicou varias pezass para piano na litrografía viguesa de Jesús Rial e tamén noutras de Madrid e Barcelona. As súas obras emitíronse en radio, fixéronse gravacións fonográficas (O sol da primavera, San Campio) e tivo un distribuidor para a súa venda na Arxentina.

Faleceu en Vigo en 1939 aos 65 anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

Orfeón[editar | editar a fonte]

  • O sol da primavera (1891). Publicada para voz e piano en Zozaya en 1897. Letra de Manuel Lago.[3]
  • Mozo e mozas (1907). Publicada para voz e piano en A. S. Arista (Barcelona) en 1908. Letra de Faustino Ande.[4]
  • San Campio, Aires d'o Miño (1920). Publicado para voz e piano en lit. Durán (Madrid) en 1930. Letra de Xan d'algures (Manuel Lago).[5]
  • O Neno Xesús (1928). Publicada para voz e piano en lit. Diez y Carrasco (Madrid) en 1932. Letra de Manuel Lago.[6]

Voz e piano[editar | editar a fonte]

  • Fror Nova (1925). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Manuel Lago.
  • Melodía gallega (1926). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Rosalía de Castro.
  • Cantares gallegos (Aló nas tardes serenas) (1929). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Rosalía de Castro.

Música relixiosa[editar | editar a fonte]

  • Ave María (1904; non conservada)
  • Salve (1918; non conservada)
  • Bendita sea tu pureza (1922; non conservada).
  • Himno popular al Santo Cristo de la Victoria (1922). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Tomás Argüelles.
  • Motete Salvator mundi, salva nos (1924; non conservada).
  • Himno para as festas da Virxe do Portal de Ribadavia (1925; non conservada). Letra de Emilio Canda Adán.
  • Himno da parroquia de Rianxo (1926). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Magdalena Cabanas.
  • Motete ao Smo a dúas voces. (Noctis recolitur cœna novissima) para tenor e baixo e órgano (1936). Manuscrito conservado no Seminario Maior de Santiago de Compostela.
  • A Virxe do Rosario para tres voces brancas. Manuscrito conservado no Arquivo Diocesano de Tui. Letra de Manuel Lago.

Zarzuela[editar | editar a fonte]

  • Triple alianza (1912; non conservada)
  • El hada del castillo (1912; non conservada)
  • La felicidad (1912; non conservada)
  • El hada de los bosques (1913; non conservada)

Banda[editar | editar a fonte]

  • Musiquerías, (1913; non conservada)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Festival benéfico en el "Tamberlick". La parte lírica". Vida Gallega (3): p. 10. 20 de xaneiro de 1909. 
  2. "Necrológicas". El Pueblo Gallego: p. 3. 1 de novembro de 1939. 
  3. "O sol da primavera: gallegada para canto y piano". Biblioteca Nacional de España. 
  4. "Mozos e mozas: muñeira para orfeón". Biblioteca Nacional de España. 
  5. "San Campio : aires d'o Miño, gallegada para canto y piano". Biblioteca Nacional de España. 
  6. "O neno Xesús: gallega para canto y piano". Biblioteca Nacional de España. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]