Saltar ao contido

El Norte de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Norte de Galicia
 Título
    El Norte de Galicia (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1901 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1923 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Galiciana: 3943 HemBNE: 113739896
Wikidata
Non confundir con El Norte de Galicia de Ferrol, nome que recibiu Ferrol Diario nunha segunda etapa.

El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Apareceu o 31 de xaneiro de 1901 (II Época, Ano III, nº 1), tiña como subtítulo Diario político y de información que cambiou posteriormente por Diario de información y el de mayor circulación de Lugo y su provincia. Foi propiedade de Antonio Pardo Pardo-Montenegro, un empresario fillo de Manuel Pardo de la Vega.

Voceiro da política conservadora na provincia de Lugo, o seu primeiro director foi Emilio Tapia Rivas. Tivo como redactores a Antonio Couceiro Freijomil, Juan Ramón Somoza, Ramón Robles Neira e Manuel Molina Mesa e entre os seus colaboradores figuraron Manuel García Blanco e Antón Villar Ponte.

Cesou a súa publicación en xaneiro de 1923. Nos seus talleres pasou a imprimirse La Provincia, novo órgano conservador de Lugo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]