Valentín Lamas Carvajal

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaValentín Lamas Carvajal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1849 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1906 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, novela
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmalia Rosina Sánchez Gómez
FillosModesto, Oliverio, Valentina, Ángeles, Dolores e Rosina
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1340

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. Foi membro da Real Academia Galega[1], e no ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas[2]. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lamas Carvajal era fillo do ourensán José Francisco Lamas e da luguesa María Manuela Carvajales.[3] Ficou orfo de pai con dous anos e cunha nai de dezasete anos. Aliviou esta situación un tío seu, o irmán da súa nai, Pedro Carvajales, un pintor de certo nome naquela altura, e a quen Lamas lle dedicará o seu primeiro libro, La monja de San Payo (1871).

Estudou bacharelato na súa cidade natal e en 1870 trasladouse a Santiago de Compostela para cursar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que non chegou a rematar por mor dunha afección ocular que co tempo o deixaría cego. A andaina universitaria compostelá de Lamas ficou moi patente na súa escrita e na súa visión de Galicia, xa que nesta cidade entrou en contacto coa intelectualidade galega. Sábese, por unha carta súa publicada en El Heraldo Gallego, que en 1871 dirixiu nesta cidade a revista La Aurora de Galicia e que aquí tamén publicou as súas primeiras obras, que presentan influencias románticas.

A partir do ano 1874 a súa vida estivo definitivamente ligada á Cidade das Burgas ao casar, o 4 de xaneiro de 1874, cunha antiga compañeira de estudos, Amalia Rosina Sánchez[4], natural da Guarda, con quen tivo numerosa descendencia.

Placa en Ourense.

Os seus problemas coa vista non lle impediron que fose ser o autor máis prolífico e polifacético do seu tempo. Tivo unha incesante actividade literaria e xornalística. Fundou xornais moi populares naquela altura, como El Heraldo Gallego, publicado até 1880, e o primeiro semanario escrito integramente en galego, de moito eco popular e que se publica dende 1876 até 1890, O Tio Marcos d'a Portela, onde publicou Catecismo do labrego en sete entregas no ano 1888 [5], un dos libros que máis se venderon en galego, xa que tivo seis edicións no prazo dun ano dende a súa publicación en libro. Foi tamén director do xornal El Eco de Orense.

Xavier Prado Lameiro foi continuador da obra de Valentín L. Carvajal e esforzado gardián da súa memoria.[6]

En 1887 publicou Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña, conxunto de 19 narracións, todas elas publicadas con anterioridade en O Tio Marcos d'a Portela. No conxunto dos textos de Gallegada pódese ver a vontade populista e comprometida coa defensa dos labregos por parte de Lamas, así como a descrición de cadros de costumes imbuídos de acenos pintorescos, picarescos e cómicos.

En 1906 foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega. Morreu ese mesmo ano, e foi soterrado no cemiterio de San Francisco da súa cidade natal.

Obra[editar | editar a fonte]

Obra poética[editar | editar a fonte]

  • Dez cartas ôs gallegos (1875)
  • Espiñas, follas e frores (1875, ramiño primeiro)
  • Espiñas, follas e frores (1876, ramiño segundo)
  • Saudades gallegas (1880)[7]
  • A musa das aldeas (1890)

Obra narrativa[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Membros de número: Valentín Lamas Carvajal". Real Academia Galega. 
  2. "Letras Galegas 1972: Valentín Lamas Carvajal". Real Academia Galega. 
  3. Carballo, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 402–411. ISBN 84-7154-227-7. 
  4. "Entierro de la viuda del gran poeta Lamas Carvajal". La Región. 12 de novembro de 1940. p. 2. 
  5. Parrafeo nº 250, do 21.10.1888, ao nº 256, do 2.12.1888.
  6. Afonso Vázquez-Monxardín: "As homenaxes aurienses a Valentín Lamas Carvajal" (7-37) en Raigame 24, 2006.
  7. "Saudades gallegas". Real Academia Galega. 
  8. Catecismo do labrego no proxecto Gutenberg.
  9. "Catecismo de la doctrina labriega". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  10. "Catecismo del campesino". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  11. "Nekazarien Dotrina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 
  12. "Catecismo do labrego". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gravacións de son externas
Discurso de Otero Pedrayo en 1972

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]