O Tio Marcos d'a Portela
| O Tio Marcos d'a Portela | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O Tio Marcos d'a Portela[1], foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega[2].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das seccións literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.[3]
Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co aniversario da publicación do primeiro número, o 7 de febreiro de 1876.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela".
- ↑ Historia do xornalismo galego Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 411. ISBN 84-7154-391-5.
- ↑ "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". Galicia Confidencial. 3/2/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Tio Marcos d'a Portela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 463–464. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lamas Carvajal e a historia do periódico O Tío Marcos da Portela, no sitio web Galicia espallada