Catecismo do labrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Catecismo do labrego.jpg

O Catecismo do labrego [1] é unha obra literaria en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez,[2], publicada en 1889 baixo o pseudónimo de Frei Marcos da Portela.

Características[editar | editar a fonte]

Comezou a súa publicarse en 1888 na revista O Tio Marcos d'a Portela e levaba por título Catecismo do Gallego. O ano seguinte, 1889, editouse de xeito independente en El Eco de Orense co título completo de Catecismo da doutrina labrega composto por R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre.[3] Tivo un elevado número de edicións e acadou un enorme éxito popular.[4]

Parodiando o Catecismo de la doctrina cristiana, do padre Gaspar Astete que era, daquela, a obra que se empregaba na catequese en Galicia,[5] un labrego responde ás preguntas que se lle fan e arremete contra o alcalde, o secretario, o cacique e as míseras condicións de vida do mundo rural denunciando a dura vida á que estaban sometidos por culpa do asoballamento destes representantes do poder estatal. Por outra banda, e a diferenza de Manuel Curros Enríquez, non critica a Igrexa.[3]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Foi traducido ao castelán en 1969 por Carlos Martines e Gabriel Aresti co título de Catecismo de la doctrina labriega e publicado en Editorial Kriselu.[6] Existe tamén unha edición bilingüe de Xesús Alonso Montero publicada en 1990 pola Gran Enciclopedia Gallega co título de Catecismo del campesino.[7]
  • Ao éuscaro en 1969 por Gabriel Aresti co título de Nekazarien Dotrina.[8]
  • Ao portugués en 2004 por Luís Nogueira co título de Catecismo do labrego publicado por Mareantes Editora.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero 1981, p. 404.
  2. Pérez Placer, Heraclio (1896). Castro, Eugénio de; Silva Gayo, Manuel, eds. "Cuentistas gallegos". Arte: revista internacional (Coimbra) I: 17–20. 
  3. 3,0 3,1 Carballo Calero 1981, p. 411.
  4. Fernández del Riego, Francisco, ed. (1957). Escolma de poesía galega. Vol. III (O século XIX). Galaxia. p. 119. 
  5. Longhini, Nora (2008). Neira Vilas, os anos da Arxentina, 1949-1961: textos recuperados. Col. Memoria. Vigo: Galaxia. p. 135. ISBN 978-84-9865-060-0. 
  6. "Catecismo de la doctrina labriega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22. 
  7. "Catecismo del campesino". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22. 
  8. "Nekazarien Dotrina". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22. 
  9. "Catecismo do labrego". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]