Casa reitoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Casa reitoral ao carón da Capela de Santo Antón de Vilariño, en estado de abandono.

Casa reitoral, (popularmente chamada a casa do cura) é o nome co que se coñece á vivenda asignada ao sacerdote cristiá dunha parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da Igrexa, que llela asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

En Galicia, as casas reitoráis están habitualmente construídas ao carón das igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitoráis atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]