Ponte de Sárdoma
Aparencia
| Ponte de Sárdoma | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sárdoma | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A ponte de Sárdoma, tradicionalmente a ponte Abeleira[1], é unha pontiña medieval que cruza o río Lagares na parroquia viguesa de Sárdoma, preto do pazo da Caracola. Podería ter unha orixe romana, se ben a actual ponte vénse utilizando polo menos dende o século XII.
Características
[editar | editar a fonte]A ponte, de cantaría de granito de perpiaños regulares, é sinxela, cunha plataforma recta (non ten a fasquía típica de subida e baixada das pontes medievais, coma a de Castrelos), ten 10 m de longo, e salva o río grazas a dous arcos de medio punto. Conta, ademais, cun tallamar central[2].
O estado de conservación é bo; a ponte asfaltárase para dar acceso ao pazo, porén a camada de asfalto foi retirada hai uns anos[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 97.
- ↑ "Ponte en Patrimonio Cultural de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Ponte en Turismo de Vigo