Guillermo Cameselle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 Vigo, España |
Morte | 11 de outubro de 2012 (60/61 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Lingua | Lingua castelá |
Guillermo Cameselle Domínguez, nado en Vigo en 1951 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 2012, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Guillermo Cameselle comezou a traballar en Televisión Española como axudante de cámara a principios da década de 1970. Tamén colaborou con CIFRA Gráfica, a sección de fotografía da Axencia Efe. En 1974 incorporouse a Faro de Vigo como redactor gráfico traballo que desempeñou durante 25 anos até que en 2000 é nomeado xefe da sección de fotografía.
Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]
- Vigo a través de sus barrios, de Mosquera, Javier, 576 pp., Faro de Vigo, 1995, ISBN 84-87657-90-7.
- Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), Xerais, 2013.
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador do concurso Galicia e o mar, en 1990, cunha reportaxe sobre mariscadoras na Arousa.
- Premio Galicia de Comunicación en 2005.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor na páxina de Xerais.