Fernando Rey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema de Galicia" pola categoría "Actores de cine de Galicia"; cambios estética
Liña 7: Liña 7:
'''Fernando Casado Arambillet''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de setembro]] de [[1917]] e finado en [[Madrid]] o [[9 de marzo]] de [[1994]], foi un [[actor]] [[Galicia|galego]], coñecido artisticamente como '''Fernando Rey'''. Era o actor preferido de [[Luis Buñuel]] e talvez o máis internacional dos actores españois. Para o seu nome artístico mantivo o seu nome, mais adoptou o segundo apelido de súa nai, Sara Arambillet Rey.
'''Fernando Casado Arambillet''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de setembro]] de [[1917]] e finado en [[Madrid]] o [[9 de marzo]] de [[1994]], foi un [[actor]] [[Galicia|galego]], coñecido artisticamente como '''Fernando Rey'''. Era o actor preferido de [[Luis Buñuel]] e talvez o máis internacional dos actores españois. Para o seu nome artístico mantivo o seu nome, mais adoptou o segundo apelido de súa nai, Sara Arambillet Rey.


==Traxectoria==
== Traxectoria ==
En 1936 comezou a súa carreira como actor facendo de figurante e foi entón cando escolleu o seu nome artístico. Durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] loitou no bando republicano, ao igual que seu pai, o coronel e axudante de [[Manuel Azaña]], [[Fernando Casado Veiga]], que chegou a ser nomeado Inspector Xeral de Artillería. Finalizada a contenda, pai e fillo foron feitos prisioneiros, sendo Fernando internado no campo de detención improvisado no [[estadio de Mestalla]] ([[Valencia]]). Mentres que o seu pai permaneceu encarcerado durante anos, Fernando conseguiu escapar de Mestalla, subir a un tren de mercadorías e chegar a [[Madrid]].<ref>Luis Español, ''Madrid 1939: del golpe de Casado al final de la Guerra Civil'', Madrid, Almena, 2004, ISBN 84-96170-08-X, páx. 106 e 220</ref>
En 1936 comezou a súa carreira como actor facendo de figurante e foi entón cando escolleu o seu nome artístico. Durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] loitou no bando republicano, ao igual que seu pai, o coronel e axudante de [[Manuel Azaña]], [[Fernando Casado Veiga]], que chegou a ser nomeado Inspector Xeral de Artillería. Finalizada a contenda, pai e fillo foron feitos prisioneiros, sendo Fernando internado no campo de detención improvisado no [[estadio de Mestalla]] ([[Valencia]]). Mentres que o seu pai permaneceu encarcerado durante anos, Fernando conseguiu escapar de Mestalla, subir a un tren de mercadorías e chegar a [[Madrid]].<ref>Luis Español, ''Madrid 1939: del golpe de Casado al final de la Guerra Civil'', Madrid, Almena, 2004, ISBN 84-96170-08-X, páx. 106 e 220</ref>


Liña 58: Liña 58:


== Filmografía (selección) ==
== Filmografía (selección) ==
*''[[Don Quijote de la Mancha (filme de 1947)|Don Quijote de la Mancha]]'' ([[Rafael Gil]], 1947)
* ''[[Don Quijote de la Mancha (filme de 1947)|Don Quijote de la Mancha]]'' ([[Rafael Gil]], 1947)
*''[[Les Derniers Jours de Pompéi]]'' (''Gli Ultimi giorni di Pompei''; [[Mario Bonnard]] e [[Sergio Leone]], 1961)
* ''[[Les Derniers Jours de Pompéi]]'' (''Gli Ultimi giorni di Pompei''; [[Mario Bonnard]] e [[Sergio Leone]], 1961)
*''[[Viridiana]]'' ([[Luis Buñuel]], 1961)
* ''[[Viridiana]]'' ([[Luis Buñuel]], 1961)
*''[[Shéhérazade]]'' ([[Pierre Gaspard-Huit]], 1962)
* ''[[Shéhérazade]]'' ([[Pierre Gaspard-Huit]], 1962)
*''[[Fin de semana]]'' ([[Pedro Lazaga]], 1963)
* ''[[Fin de semana]]'' ([[Pedro Lazaga]], 1963)
*''[[Escape libre]]'' ([[Jean Becker]], 1964)
* ''[[Escape libre]]'' ([[Jean Becker]], 1964)
*''[[Falstaff]]'' (''Campanadas a medianoite''; [[Orson Welles]], 1965)
* ''[[Falstaff]]'' (''Campanadas a medianoite''; [[Orson Welles]], 1965)
*''[[Le Vicomte règle ses comptes]]'' ([[Maurice Cloche]], 1966)
* ''[[Le Vicomte règle ses comptes]]'' ([[Maurice Cloche]], 1966)
*''[[Une histoire immortelle]]'' (''The immortal Story''; [[Orson Welles]], 1967)
* ''[[Une histoire immortelle]]'' (''The immortal Story''; [[Orson Welles]], 1967)
*''[[Companeros]]'' (''Vamos a matar, compañeros''; [[Sergio Corbucci]], 1970)
* ''[[Companeros]]'' (''Vamos a matar, compañeros''; [[Sergio Corbucci]], 1970)
*''[[La Cólera del viento]]'' ([[Mario Camus]], 1970)
* ''[[La Cólera del viento]]'' ([[Mario Camus]], 1970)
*''[[Tristana (filme)|Tristana]]'' ([[Luis Buñuel]], 1970)
* ''[[Tristana (filme)|Tristana]]'' ([[Luis Buñuel]], 1970)
*''[[A Town Called Hell]]'' ([[Robert Parrish]] , 1971)
* ''[[A Town Called Hell]]'' ([[Robert Parrish]] , 1971)
*''[[The French Connection (filme)|The French Connection]]'' ([[William Friedkin]], 1971)
* ''[[The French Connection (filme)|The French Connection]]'' ([[William Friedkin]], 1971)
*''[[O discreto engado da burguesía]]'' ([[Luis Buñuel]], 1972)
* ''[[O discreto engado da burguesía]]'' ([[Luis Buñuel]], 1972)
*''[[La Chute d'un corps]]'' ([[Michel Polac]], 1973)
* ''[[La Chute d'un corps]]'' ([[Michel Polac]], 1973)
*''[[Dites-le avec des fleurs]]'' ([[Pierre Grimblat]], 1974)
* ''[[Dites-le avec des fleurs]]'' ([[Pierre Grimblat]], 1974)
*''[[French Connection 2]]'' ([[John Frankenheimer]], 1975)
* ''[[French Connection 2]]'' ([[John Frankenheimer]], 1975)
*''[[Il Deserto dei Tartari]]'' ([[Valerio Zurlini]], 1976)
* ''[[Il Deserto dei Tartari]]'' ([[Valerio Zurlini]], 1976)
*''[[Cet obscur objet du désir]]'' ([[Luis Buñuel]], 1977)
* ''[[Cet obscur objet du désir]]'' ([[Luis Buñuel]], 1977)
*''[[Elisa, vida mía]]'' ([[Carlos Saura]], 1977)
* ''[[Elisa, vida mía]]'' ([[Carlos Saura]], 1977)
*''[[Le Dernier amant romantique]]'' ([[Just Jaeckin]], 1978)
* ''[[Le Dernier amant romantique]]'' ([[Just Jaeckin]], 1978)
*''[[Quintet]]'' ([[Robert Altman]], 1979)
* ''[[Quintet]]'' ([[Robert Altman]], 1979)
*''[[Un amour interdit]]'' ([[Jean-Pierre Dougnac]], 1983)
* ''[[Un amour interdit]]'' ([[Jean-Pierre Dougnac]], 1983)
*''[[El Caballero del dragón]]'' ([[Fernando Colomo]], 1985)
* ''[[El Caballero del dragón]]'' ([[Fernando Colomo]], 1985)
*''[[Mi general]]'' ([[Jaime de Armiñán]], 1987)
* ''[[Mi general]]'' ([[Jaime de Armiñán]], 1987)
*''[[L’Atlantide]]'' ([[Bob Swaim]], 1991)
* ''[[L’Atlantide]]'' ([[Bob Swaim]], 1991)
*''[[1492: Conquest of Paradise]]'' ([[Ridley Scott]], 1992)
* ''[[1492: Conquest of Paradise]]'' ([[Ridley Scott]], 1992)


== Notas ==
== Notas ==
Liña 98: Liña 98:


{{ORDENAR:Rey, Fernando}}
{{ORDENAR:Rey, Fernando}}

[[Categoría:Actores da Coruña]]
[[Categoría:Actores da Coruña]]
[[Categoría:Actores de cinema de Galicia]]
[[Categoría:Actores de cine de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Medallas Castelao]]
[[Categoría:Medallas Castelao]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 19:45

Modelo:Actor Fernando Casado Arambillet, nado na Coruña o 20 de setembro de 1917 e finado en Madrid o 9 de marzo de 1994, foi un actor galego, coñecido artisticamente como Fernando Rey. Era o actor preferido de Luis Buñuel e talvez o máis internacional dos actores españois. Para o seu nome artístico mantivo o seu nome, mais adoptou o segundo apelido de súa nai, Sara Arambillet Rey.

Traxectoria

En 1936 comezou a súa carreira como actor facendo de figurante e foi entón cando escolleu o seu nome artístico. Durante a guerra civil loitou no bando republicano, ao igual que seu pai, o coronel e axudante de Manuel Azaña, Fernando Casado Veiga, que chegou a ser nomeado Inspector Xeral de Artillería. Finalizada a contenda, pai e fillo foron feitos prisioneiros, sendo Fernando internado no campo de detención improvisado no estadio de Mestalla (Valencia). Mentres que o seu pai permaneceu encarcerado durante anos, Fernando conseguiu escapar de Mestalla, subir a un tren de mercadorías e chegar a Madrid.[1]

Contra 1940 iniciouse como actor de dobraxe despois de ler un anuncio no que se buscaba unha nova voz para o novo actor Tyrone Power. A súa voz, considerada intensa e persoal foi tamén unha das primeiras que se empregaron en castelán para dobrar a Laurence Olivier, que chegou a felicitalo pola súa dobraxe do filme Hamlet (1948). Tras participar como extra en varios filmes tivo o seu primeiro papel con diálogo en 1944 no filme Eugenia de Montijo, de José López Rubio, protagonizada por Amparo Rivelles. En 1948 deu vida a Filipe o Fermoso en Locura de amor, melodrama sobre Xoana a Tola dirixido por Juan de Orduña que foi un rotundo éxito. No filme traballou xunto a Aurora Bautista e a debutante Sara Montiel.

Foi nas décadas de 1960 e 1970 cando se fixo internacionalmente famoso da man de Luis Buñuel, encarnando entre outros a Don Lope en Tristana, nomeada ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1970 ou a Rafael Dacosta en O discreto engado da burguesía, que gañou dito Óscar en 1972. Tras estes papeis fíxose familiar para o público global cando interpretou o capo da droga Alain Charnier, enfrontado ao policía Gene Hackman, en The French Connection (1971), de William Friedkin, thriller cun grande éxito de público que gañou cinco premios Óscar. Inicialmente, Friedkin quería a Francisco Rabal como Charnier, mais non coñecía o seu nome e Rey foi contratado por erro antes de que o director o vise. Aínda que Rey non falaba francés cando Friedkin soubo que Rabal non falaba inglés nin francés decidiu manter a Rey no elenco.

Co paso dos anos incrementou a súa presenza en series e telefilmes. En 1982 participou na serie A.D. Anno Domini, coprodución angloitaliana sobre os primeiros anos do cristianismo que contou con intérpretes como Ava Gardner, Susan Sarandon, Jack Warner ou Ian McShane, e en 1985 tivo un papel no telefilme de tema medieval Black Arrow, produción da Disney protagonizada por Donald Pleasence e Oliver Reed. Un dos seus últimos grandes papeis foi El Quijote de Miguel de Cervantes, adaptación dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón para Televisión Española, que alcanzou un notable éxito e lle supuxo un grande esforzo moral, mental e físico. A súa última aparición cinematográfica foi no filme de Jaime de Armiñán Al otro lado del túnel.[2]

Foi presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España dende 1992 ata a súa morte vítima dun cancro en 1994.[3]

Premios e honores

Entre outros galardóns, Fernando Rey foi premiado nos festivais de cine de Cannes (do que foi membro do xurado en 1975) ou Donostia e gañou o Goya á mellor interpretación masculina protagonista en 1988. Recibiu a medalla Castelao en 1989, o Premio Nacional de Cinematografía en 1990 e a medalla de ouro da Academia en 1991.

Ano Categoría Filme Resultado
1946 Medalla do CEC ao mellor actor secundario La pródiga Gañador[4]
1948 Medalla do CEC ao mellor actor principal Mare Nostrum Gañador[5]
1970 Fotogramas de Prata ao mellor intérprete de cinema español Tristana Gañador
1970 Medalla do CEC ao mellor actor Tristana Gañador[6]
1970 Premio Sant Jordi Tristana Gañador
1970 Premio ACE Tristana Gañador
1972 Cuncha de Prata ao mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia La duda Gañador
1977 Mellor interpretación masculina no Festival Internacional de Cine de Cannes Elisa, vida mía Gañador
1985 Fotogramas de Prata ao mellor intérprete de cinema español El caballero del dragón
Padre nuestro
Candidato
1988 Fotogramas de Prata ao mellor intérprete de cinema Diario de invierno
El túnel
Pasodoble
Candidato
1988 Cuncha de Prata ao mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia Diario de invierno
El aire de un crimen
Gañador
1988 Goya ao mellor actor Diario de invierno Gañador
1992 Fotogramas de Prata ao mellor actor de televisión El Quijote de Miguel de Cervantes Gañador
1992 Premio da Unión de Actores de España ao mellor actor de televisión El Quijote de Miguel de Cervantes Gañador

En 1992 o concello da Coruña bautizou unha rúa co seu nome.[7]

Filmografía (selección)

Notas

  1. Luis Español, Madrid 1939: del golpe de Casado al final de la Guerra Civil, Madrid, Almena, 2004, ISBN 84-96170-08-X, páx. 106 e 220
  2. "Con Fernando Rey muere un rostro universal del cine" (en castelán). El País. 10-3-1994. Consultado o 1-12-2012. 
  3. "Fernando Rey: eran gigantes" (en castelán). ABC. 10-3-1994. Consultado o 1-12-2012. 
  4. Falquina, Ángel (1975). Círculo de Escritores Cinematográficos. 1945-1975. Madrid: Imprenta del MIT. p. 90. ISBN 84-500-6968-8. 
  5. "Medallas del CEC a la producción española de 1948". Círculo de Escritores Cinematográficos. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  6. "Premios del CEC a la producción española de 1970". CEC. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  7. Fernando Rey: 20 años sin el intérprete más internacional

Véxase tamén

Ligazóns externas