Gene Hackman
Gene Hackman, nado en San Bernardino (California) o 30 de xaneiro de 1930 e finado en Santa Fe (Novo México) o 18 de febreiro de 2025, foi un actor e escritor estadounidense gañador do Óscar e do Globo de Ouro.
Iniciouse na interpretación na década de 1960 e acadou sona durante a década de 1970, despois do seu papel en The French Connection, filme que lle reportou o seu primeiro premio Óscar, e continuou aparecendo en papeis de grande importancia en filmes de Hollywood, demostrando así as súas facultades interpretativas en títulos como Superman, Bat 21, Heist ou The Royal Tenenbaums.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun xornalista que abandonou á súa familia cando Hackman tiña trece anos, Hackman tivo que facer fronte ao alcoholismo da súa nai, que morreu nun incendio que ela mesma provocou. O mozo abandonou a casa da súa nai con dezaseis anos para ingresar na Infantería de Mariña e cando saíu de alí marchou a estudar xornalismo na Universidade de Illinois. Porén, abandonou a facultade e foi facer un curso técnico de radio. Entón decidiu probar a actuación e matriculouse no Pasadena Playhouse en California.
En 1964, debutou en Broadway na obra Any Wednesday e nese mesmo ano protagonizou o filme Lilith, xunto a Warren Beatty. A súa primeira candidatura ao Óscar chegou en 1967 polo seu papel secundario en Bonnie e Clyde. En 1970 foi nomeado de novo para o premio por I Never Sang for My Father.
O Óscar chegou en 1971 polo seu papel de Jimmy 'Popeye', un policía de Nova York que desartellaba unha banda de drogas en The French Connection. Con todo, para o actor, o filme de Francis Ford Coppola A conversación foi o seu mellor traballo.
Hackman tivo algúns problemas cardíacos na década de 1990, mais a pesar da súa mala saúde non deixou de traballar. Co western Sen perdón, dirixido por Clint Eastwood, gañou outro Óscar e un Globo de Ouro. Despois do filme de 2004 Welcome to Mooseport, o seu médico dixo que o seu corazón non estaba en condicións de ser sometido a tensión e decidiu retirarse.[1] Os seus únicos traballos posteriores foron a narración dos primeiros catro episodios da serie da NFL America's Game: The Super Bowl Champions e dous documentais sobre os marines. Tamén apareceu nun episodio de Diners, Drive-Ins and Dives, onde o chef Guy Fieri visitou un restaurante de Santa Fe onde Hackman estaba a comer.[2]
O actor casou dúas veces. Coa súa primeira esposa, caixeira bancaria, tivo tres fillos. En 1991 casou coa pianista clásica Betsy Arakawa. O 26 de febreiro de 2025, Hackman e a súa esposa foron atopados mortos na súa casa de Santa Fe. O actor morreu aos 95 anos, mentres que a súa muller tiña 63.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas | Ref. |
|---|---|---|---|---|
| 1961 | Mad Dog Coll | Policeman | Sen acreditar | [4] |
| 1964 | Lilith | Norman | [4] | |
| 1966 | Hawaii | John Whipple | [4] | |
| 1967 | Banning | Tommy Del Gaddo | [4] | |
| Community Shelter Planning | Donald Ross | Curtametraxe | [5] | |
| A Covenant with Death | Alfred Harmsworth | [6] | ||
| First to Fight | Sergeant Tweed | [4] | ||
| Bonnie e Clyde | Buck Barrow | [4] | ||
| 1968 | The Split | Tte. Walter Brill | [4] | |
| 1969 | Riot | 'Red' Fraker | [4] | |
| The Gypsy Moths | Joe Browdy | [4] | ||
| Downhill Racer | Eugene Claire | [4] | ||
| Marooned | 'Buzz' Lloyd | [4] | ||
| 1970 | I Never Sang for My Father | Gene Garrison | [4] | |
| 1971 | Doctors' Wives | Dave Randolph | [4] | |
| The Hunting Party | Brandt Ruger | [4] | ||
| The French Connection | Jimmy "Popeye" Doyle | [4] | ||
| 1972 | Prime Cut | Mary Ann | [4] | |
| A aventura do Poseidón | Rev. Frank Scott | [4] | ||
| Cisco Pike | Sergeant Leo Holland | [4] | ||
| 1973 | Scarecrow | Max Millan | [4] | |
| 1974 | A conversación | Harry Caul | [4] | |
| Young Frankenstein | Harold, The Blind Man | [4] | ||
| Zandy's Bride | Zandy Allan | [4] | ||
| 1975 | French Connection II | Jimmy "Popeye" Doyle | [4] | |
| Lucky Lady | Kibby Womack | [4] | ||
| Night Moves | Harry Moseby | [4] | ||
| Morde a bala | Sam Clayton | [4] | ||
| 1977 | The Domino Principle | Roy Tucker | [4] | |
| A Bridge Too Far | Stanisław Sosabowski | [4] | ||
| March or Die | Major William Sherman Foster | [6] | ||
| 1978 | Superman | Lex Luthor | [4] | |
| 1980 | Superman II | [6] | ||
| 1981 | All Night Long | George Dupler | [4] | |
| Reds | Pete Van Wherry | [4] | ||
| 1983 | Baixo o fogo | Alex Grazier | [4] | |
| Two of a Kind | God | Voz, sen acreditar | [7] | |
| Uncommon Valor | Col. Jason Rhodes, USMC (Ret.) | [4] | ||
| Eureka | Jack McCann | [6] | ||
| 1984 | Misunderstood | Ned Rawley | [4] | |
| 1985 | Twice in a Lifetime | Harry MacKenzie | [4] | |
| Target | Walter Lloyd / Duncan 'Duke' Potter | [4] | ||
| 1986 | Power | Wilfred Buckley | [4] | |
| Hoosiers | Coach Norman Dale | [4] | ||
| 1987 | Non hai saída | David Brice | [4] | |
| Superman IV: The Quest for Peace | Lex Luthor / Nuclear Man (voice) | [4] | ||
| 1988 | Bat*21 | Tte. Col Iceal Hambleton, USAF | [4] | |
| Split Decisions | Danny McGuinn | [4] | ||
| Another Woman | Larry Lewis | [4] | ||
| Full Moon in Blue Water | Floyd | [4] | ||
| Arde Mississippi | Rupert Anderson | [4] | ||
| 1989 | The Package | Sergeant Johnny Gallagher | [4] | |
| 1990 | Loose Cannons | Det. MacArthur 'Mac' Stern | [4] | |
| Postcards from the Edge | Lowell Kolchek | [4] | ||
| Testemuña accidental | Robert Caulfield | [4] | ||
| 1991 | Acción xudicial | Jedediah Tucker Ward | [4] | |
| Company Business | Sam Boyd | [4] | ||
| 1992 | Sen perdón | Sheriff Bill 'Little Bill' Daggett | [4] | |
| 1993 | The Firm | Avery Tolar | [4] | |
| Xerónimo | Brigadier General George Crook | [4] | ||
| 1994 | Wyatt Earp | Nicholas Porter Earp | [4] | |
| 1995 | The Quick and the Dead | John Herod | [4] | |
| Crimson Tide | Captain Frank Ramsey | [4] | ||
| Get Shorty | Harry Zimm | [4] | ||
| 1996 | Unha gaiola de grilos | Senator Kevin Keeley | [4] | |
| Ao cruzar o límite | Dr. Lawrence Myrick | [4] | ||
| The Chamber | Sam Cayhall | [4] | ||
| 1997 | Poder absoluto | President Alan Richmond | [4] | |
| 1998 | Twilight | Jack Ames | [4] | |
| Antz | General Mandible | Voz | [8] | |
| Enemy of the State | Edward "Brill" Lyle | [4] | ||
| 2000 | Baixo sospeita | Henry Hearst | Tamén produtor executivo | [4] |
| The Replacements | Coach Jimmy McGinty | [4] | ||
| 2001 | The Mexican | Arnold Margolese | [6] | |
| Heartbreakers | William B. Tensy | [4] | ||
| Heist | Joe Moore | [4] | ||
| Behind Enemy Lines | Admiral Leslie Reigart | [4] | ||
| The Royal Tenenbaums | Royal Tenenbaum | [4] | ||
| 2003 | Runaway Jury | Rankin Fitch | [4] | |
| 2004 | Welcome to Mooseport | Monroe 'Eagle' Cole | [4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Why did Gene Hackman quit acting?". Far Out Magazine (en inglés). 08/02/2024. Consultado o 27/02/2025.
- ↑ Cox, Danny (07/10/2023). "Gene Hackman's Last On-Screen Appearance Was... Opposite Guy Fieri?!?!". Collider (en inglés). Consultado o 13/10/2023.
- ↑ "Ator Gene Hackman e esposa são encontrados mortos em casa nos EUA". O Globo (en portugués). 27/02/2025.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 4,22 4,23 4,24 4,25 4,26 4,27 4,28 4,29 4,30 4,31 4,32 4,33 4,34 4,35 4,36 4,37 4,38 4,39 4,40 4,41 4,42 4,43 4,44 4,45 4,46 4,47 4,48 4,49 4,50 4,51 4,52 4,53 4,54 4,55 4,56 4,57 4,58 4,59 4,60 4,61 4,62 4,63 4,64 4,65 4,66 4,67 4,68 4,69 4,70 4,71 "Gene Hackman filmography". American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2025. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- ↑ Hoberman, J. (28 de agosto de 2014). "Drugs, Beats and Other 1950s Perils". The New York Times.
'Community Shelter Planning' (1967) dwells on the logistical difficulties that responsible politicians and hard-nose government experts (Gene Hackman among them) have
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Gene Hackman – filmography". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2024. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- ↑ Ebert, Roger (20 de decembro de 1983). "Two of a Kind". RogerEbert.com. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
but now God (a glowing light with a voice by Gene Hackman) is back.
- ↑ "Antz – Cast & Crew". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2025. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- Actores de California
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Alumnos da Art Students League of New York
- Nados en 1930
- Nados en San Bernardino
- Novelistas dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Óscar ó mellor actor
- Finados en 2025