Laurence Olivier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laurence Olivier
Laurenceolivier.jpg
Nacemento 22 de maio de 1907
Dorking, Reino Unido
Falecemento 11 de xullo de 1989
Steyning, West Sussex, Reino Unido
Profesión Actor e director de cine (1926 a 1988)
Ficha na IMDb

Laurence Kerr Olivier, barón Olivier (nado o 22 de maio de 1907 e finado o 11 de xullo de 1989) foi un actor e director de cine británico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun pastor protestante, aos 10 anos chama a atención ao interpretar a Bruto na representación teatral de Xulio César de William Shakespeare. Sete anos máis tarde interrompe os seus estudos en Oxford, para estudar Arte dramática en Londres. A finais dos anos 20, debuta como actor de teatro e non tarda en converterse nun gran especialista en Shakespeare. Durante a década do trinta chega a ser unha das principais figuras da compañía do famoso Old Vic Theatre, mentres desenvolve unha carreira como actor de cinema en varias películas británicas. Chega a Hollywood e convértese nun actor de películas románticas debido á súa Heathcliff de Cumes Borrascosas de 1939, dirixido por William Wyler e ao seu Max de Winter en Rebeca de Alfred Hitchcock.

A Segunda Guerra Mundial interrompe esta ascendente traxectoria e lévalle a intervir en diferentes películas de propaganda bélica, o documental Os conquistadores do aire dos irmáns Korda, a obra de ficción Lady Hamilton ou Os invasores de Michael Powell. En 1946 dirixe Henrique IV, persoal visión da traxedia de Shakespeare e pola que consegue varios Óscar. O seu éxito axúdalle a dirixir e protagonizar Hamlet un novo éxito que lle fai gañar o León de Ouro no Festival de Venecia, o Óscar á mellor película e ao mellor actor. Nos anos 50 dirixe o Old Vic Theatre e dedica o seu tempo ao teatro, aínda que volve a Hollywood para protagonizar Carrie de William Wyler e para terminar a súa triloxía shakesperiana con Ricardo III, que non logra o éxito das anteriores.

No sesenta dirixe a England's National Theatre Company e pecha a súa carreira como director con O príncipe e a corista, unha comedia con Marilyn Monroe como protagonista e el como partenaire ; e Tres irmás, unha adaptación do clásico de Anton Chekhov. Ademais intervén como actor en películas entre as que destacan Espartaco, onde dá vida ao cónsul Craso e é dirixido por Stanley Kubrick; O animador, de Tony Richardson; As sandalias do pescador, con Anthony Quinn ou O rapto de Bunny Lake, de Otto Preminger. Tras conseguir todo tipo de honras e ser un mito do teatro británico, nos anos setenta e oitenta limítase a facer papeis secundarios en películas de renome como A pegada, na que ten un enorme duelo interpretativo con Michael Caine, Marathon Man de John Schlesinger ou Os nenos do Brasil de Franklin J. Schaffner, inquietante película sobre o doutor nazi Joseph Mengele (interpretado por Gregory Peck), no que interpreta a un cazanazis retirado (inspirado na figura de Simon Wiesenthal).