Ava Gardner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ava Gardner
Eiganotomo-avagardner-dec1953.jpg
Ava Gardner nunha foto publicitaria de 1953.
Nome completoAva Lavinia Gardner
Nacemento24 de decembro de 1922
LugarSmithfield, Carolina do Norte
Falecemento25 de xaneiro de 1990 (67 anos)
LugarLondres
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Etniaestadounidense
Relixiónateísmo
Educada enBarton College e Newport News High School
PaiJonas Bailey Gardner
NaiMary Elizabeth Baker
Cónxuxe(s)Mickey Rooney (1942-1943)
Artie Shaw (1945-46)
Frank Sinatra (1951-1957)
ProfesiónActriz
Na rede
IMDB: nm0001257 Allocine: 605 Rottentomatoes: celebrity/ava_gardner Allmovie: p25893 TCM: 68501 TV.com: people/ava-gardner
Spotify: 34SOSFNyU3herb4ul6dBW9 Last fm: Ava Gardner Musicbrainz: 77c40993-83a7-4b60-878a-3416156e8b01 Discogs: 1481869 Allmusic: mn0000061891 WikiTree: Gardner-4072 Find a Grave: 2134 Editar o valor em Wikidata
Ava Gardner signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Ava Gardner, nada en Smithfield (Carolina do Norte) o 24 de decembro de 1922 e finada en Londres o 25 de xaneiro de 1990, foi unha actriz de cinema estadounidense, considerada polo American Film Institute como unha das mellores actrices de todos os tempos.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Era a máis nova de 7 irmáns, filla de produtores de tabaco e algodón empobrecidos. Cando tiña 13 anos de idade, mudouse coa familia para Newport News, en Virxinia. O seu pai morreu de bronquite en 1935.

En 1941, cando visitaba a súa irmá Beatrice en Nova York, o esposo de Beatrice, fotógrafo profesional, pediulle para tirar unha foto súa. O resultado agradoulle de tal xeito que el decidiu expor a imaxe na entrada do seu estudio, na Quinta Avenida.

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

A foto de Ava foi vista por Barnard "Barney" Duhan, que traballaba para a rede de teatros Loews Theaters e tamén actuaba como cazador de talentos para a produtora de cine MGM. Ava foi solicitada polos produtores da MGM, e traballou como figurante nos filmes Shadow of the Thin Man, H.M. Pulham, Esq. e Babes on Broadway xa en 1941.

Nomeamento ó Óscar[editar | editar a fonte]

Polo seu traballo en Mogambo (1953) recibiu un nomeamento ó Óscar como mellor actriz, pero perdeu neste ano ante Audrey Hepburn co Roman Holiday. O filme The Night of the Iguana (1964) é considerado o seu mellor traballo como actriz, pero non recibiu o nomeamento por este.

Outros traballos inclúen The Hucksters (1947), Showboat (1951), The Snows of Kilimanjaro (1952), e A condesa descalza (1954). Tamén é lembrada por 55 días en Pequín (1963).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Pequenas aparicións[editar | editar a fonte]

  • Fancy Answers (1941)
  • We Do It Because (1942)
  • Mighty Lak a Goat (1942)
  • Some of the Best (1949)
  • On the Trail of the Iguana (1964)
  • Vienna: The Years Remembered (1968)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]