Robert Altman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Altman
Robert Altman Cannes.jpg
Robert Altman en Cannes, 1992.
Nome completo Robert Bernard Altman
Nacemento 20 de febreiro de 1925
Lugar Kansas City, Missouri
Falecemento 20 de novembro de 2006 (81 anos)
Lugar Os Ánxeles (California)
Causa Leucemia
Nacionalidade Estados Unidos de América
Fillos Robert Reed Altman
Profesión director de cinema (1947 - 2006)
editar datos en Wikidata ]

Robert Bernard Altman, nado o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City, e finado o 20 de novembro de 2006 nos Ánxeles, foi un director de cinema norteamericano. En 2006, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñecei o seu traballo cun Premio Honorífico da Academia. O seus filmes MASH e Nashville foron seleccionados para a súa conservación no Rexistro Cinematográfico dos EUA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Altman naceu en Kansas City, Missouri, fillo de Bernard Clement Altman e Helen Mathews. De ascendencia alemá, inglesa e irlandesa,[1][2] o seu avó paterno, Frank Altman, Sr., cambiou o apelido de "Altmann" a "Altman".[2] Altman tivo unha estrita educación católica.[3] Estudou no colexio St. Peter's School, en Rockhurst High School e en Southwest High School en Kansas City, e foi logo enviado á academia militar Wentworth Military Academy nos arredores de Lexington, Missouri, onde estivo durante os seus primeiros anos universitarios. En 1943, entrou nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), sendo foi copiloto dun bombardeiro B-24 durante a segunda guerra mundial. Durante esta época Altman viu as primeiras luces de Hollywood e namorouse delas. Despois do seu retiro en 1947 mudouse aos Ánxeles e seguiu unha carreira como actor, director e guionista.

Tras varios fracasos como director e dedicarse á dirección de televisión en series como Bonanza ou Alfred Hitchcock Presents, coñeceu o éxito grazas ao filme M*A*S*H (1970), sátira da guerra de Corea que logrou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A partir de aquí desenvolveu unha carreira ascendente que, con subidas e baixadas, o converteu nun dos directores estadounidenses máis orixinais da segunda metade do século XX.

O seu emprego do movemento continuo das cámaras e o cinema coral son referentes no seu estilo e crearon escola.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lemons, Stephen. "Robert Altman". Salon.com: 2. Consultado o 22 de novembro de 2006.  |url-arquivo= ten un formato incorrecto: data (Axuda)
  2. 2,0 2,1 The Daily Telegraph (22-11-2006). "Robert Altman, 81, Mercurial Director of Masterworks and Flops". The New York Sun. Consultado o 22 de novembro de 2006. 
  3. "The Religious Affiliation of Robert Altman". Adherents.com. 28-7-2005. Consultado o 22 de novembro de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]