Rafael Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafael Gil
1959 - Rafael Gil.png
Nacemento22 de maio de 1913
 Madrid
Falecemento10 de setembro de 1986
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine, guionista e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Rafael Gil Álvarez, nado en Madrid o 22 de maio de 1913 e finado no mesmo lugar o 10 de xullo de 1986, foi un director, guionista e produtor de cine español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa actividade en 1931 como crítico cinematográfico, no diario ABC e outras revistas especializadas como Popular Films e Films Selectos. Durante a Guerra Civil rodou varios documentais para o bando republicano. Ao finalizar a guerra iniciou a súa relación coa produtora valenciana CIFESA, dirixindo a súa primeira película en 1941: El hombre que se quiso matar, adaptación do libro de Wenceslao Fernández Flórez e protagonizada por Antonio Casal. O seu primeiro grande éxito foi Eloísa está debajo de un almendro, baseada na obra de Enrique Jardiel Poncela, producida tamén por CIFESA. O éxito impulsou a Rafael Gil a continuar a súa relación con CIFESA, coa que chegou a dirixir oito películas, das que case todas obtiveron un forte éxito.

O cine de Rafael Gil[editar | editar a fonte]

De non existir o cine cando el abreu os ollos aos gustos e á razón, teríao inventado; porque o cine, para Rafael Gil, chegou a ser unha auténtica necesidade física.
Carlos Fernández Cuenca, «Rafael Gil», en Revista Internacional del Cine, núms. 11–12

Desenvolveu unha extensa actividade que abarcou máis de corenta anos de exercicio como director, rodou sesenta e oito películas, tamén traballou como guionista e produtor. En todas elas contou cun sobresaliente equipo técnico, como o decorador Enrique Alarcón.

Iniciou o seu cine nos anos corenta con tres películas pequenas, sen que supuxesen grandes éxitos, pero que os críticos destacan. De aquí pasou a unha fase na que realizou algúns melodramas de grande éxito e adaptou gran cantidade de obras literarias de clásicos autores españois como Galdós, Lope de Vega, Wenceslao Fernández Flórez, Jardiel Poncela e outros; tamén cultivou o cine histórico e relixioso. Neses anos foi un dos realizadores básicos da industria española do cine. Nos últimos anos da súa carreira, durante os anos oitenta, realizou varias adaptacións do escritor Fernando Vizcaíno Casas.

Nos seus artigos de cine confesábase admirador da obra de Murnau, Charles Chaplin, Buster Keaton, John Ford, Howard Hawks, Frank Capra, Frank Borzage ou King Vidor.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Filmografía como guionista[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]