Xoana I de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoana I
Juan de Flandes 003.jpg
Retrato por Xoan de Flandes, ~1500
Raíña da Coroa de Castela
26 de Novembro de 1504 – 12 de Abril de 1555
Predecesor Isabel I de Castela e Fernando V de Aragón
Sucesor Carlos I de España
Raíña da Coroa de Aragón
23 de Xaneiro de 1516 – 12 de Abril de 1555
Predecesor Fernando II de Aragón
Sucesor Carlos I de España

Nacemento 11 de Agosto de 1479
Toledo
Falecemento 4 de Decembro de 1555
Tordesillas
Sepultura Capela Real, Granada
Rexente Filipe o Fermoso
Carlos I de España
Cónxuxe/s Filipe o Fermoso
Descendencia Eleonor, Raíña de Francia
Carlos V de Habsburgo, Emperador do Sacro Imperio Xermánico
Sabela, Raíña de Dinamarca
Fernando I, Emperador do Sacro Imperio Xermánico
Maria, Raíña de Bohemia
Catarina, Raíña de Portugal
Proxenitores Fernando II de Aragón
Isabel I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Naceu na corte real de Toledo o 6 de novembro de 1479, filla do rei de Aragón Fernando II de Aragón e da raíña de Castela, Isabel a Católica. Foi a terceira filla dos Reis Católicos, irmá menor do príncipe de Asturias e herdeiro do trono, o infante Xoán de Aragón, e nai do futuro emperador Carlos I de España.

Infanta da Coroa de Castela[editar | editar a fonte]

Desde nena foi moi fermosa e intelixente recibindo unha coidadosa educación, propia dunha infanta. Como improbábel herdeira de Coroa de Castela, esa educación estivo máis baseada na obediencia que no sentido do goberno, a diferenza dos requisitos da instrución dun príncipe.

No estrito ambiente da nómade corte castelá da súa época, Xoana foi alumna avantaxada en comportamento relixioso, boas maneiras e na etiqueta da corte, sen desestimar artes como a danza e a música, equitación e o coñecemento das linguas románicas propias da Península Ibérica ademais do francés e o latín. Entre os seus principais preceptores atopábanse o sacerdote dominico Andrés de Miranda; a amiga e titora da súa nai, Beatriz Galindo dita "A Latina"; e, por suposto, a súa propia nai.

Arquiduquesa de Austria[editar | editar a fonte]

Filipe o Fermoso e Xoana I de Castela

Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexía Maximiliano I de Habsburgo, e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da Casa de Valois, os Reis Católicos ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, Filipe de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, de Habsburgo, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, do Tirol e de Artois, señor de Antuerpen e Malinas etc. A cambio deste enlace, os Reis Católicos pediron a man da filla de Maximiliano, Margarida de Austria, como esposa para o príncipe Xoán de Aragón. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en 1489 foi solicitada en matrimonio polo rei Escocia, Xaime IV, da dinastía Estuardo.

A pesar da súa vontade de facerse monxa, en agosto de 1496, tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de Laredo, nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da coroa castelá nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei francés, outros 131 buques, desde naos a carabelas, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.

A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na Illa de Portland, Inglaterra, o 31 de agosto. Cando finalmente a frota puido arribar a Middelburg (Zelandia), unha das embarcacións xenovesas que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.

Xa en terra flamenga, Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en Alemaña, debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en 1496, e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa Coroa de Castela e, por contra, das virtudes dunha alianza co reino francés. A cerimonia da voda con Filipe o Fermoso celebrouse o 12 de novembro de 1496 en Liexa

O ambiente da corte que encontrou Xoana chocaba radicalmente co que existía na castelá. A sobria, relixiosa e familiar corte castelá contrastaba coa festiva, desinhibida e individualista corte borgoñoa-flamenga.

Aínda que non se coñecían, os príncipes namoráronse tolamente, porén logo Filipe perdeu o interese na relación, nacendo en Xoana unha certa patoloxía, axexando e velando arreo a seu esposo. Pese ao avanzado estado de xestación do seu segundo embarazo, do que nacería o infante Carlos, o 24 de febreiro do 1500, asistiría a unha festa no pazo de Gante. Aquel mesmo día tivo o seu fillo, disque nado nos lavabos do pazo.

Descendencia[editar | editar a fonte]

. Do matrimonio con Filipe naceron:

Raíña da Coroa de Castela[editar | editar a fonte]

Escudo de Xoana I e Carlos I, 1504-1555.

En 1497 foi nomeada princesa de Asturias, pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella Isabel de Aragón, a cal polo seu casamento co rei Manuel I de Portugal facía temer aos Reis Católicos a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de Isabel de Aragón no 1498, así como do fillo desta, o infante Miguel da Paz, en 1500, Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.

Cando no 1503 o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, especialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en Bruxelas aos seus tres fillos pequenos.

Morta Isabel a Católica o 26 de novembro de 1504, aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola Concordia de Salamanca (1505) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela (Concordia de Villafáfila de 1506) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.

Morte de Filipe o Fermoso[editar | editar a fonte]

Dona Xoana a Tola (1877), de Francisco Pradilla y Ortiz. Museo do Prado (Madrid)

O 25 de setembro de 1507 morreu Filipe o Fermoso, en medio de rumores de envelenamento, e aínda acrecentaron tamén rumores sobre o estado de tolemia de Xoana. Desde Burgos, onde faleceu Filipe, trasladaron o seu cadáver a Granada para sepultalo alí, viaxando sempre de noite, coa raíña Xoana sen separarse en ningún momento do cadaleito. Desde esa altura Xoana non quixo mudar a roupa, nin lavarse. O seu pai decidiu recluíla en Tordesillas, no mes de xaneiro do ano 1509, iniciando o rei aragonés a rexencia de Castela ata o ano 1516.

Derradeiros anos[editar | editar a fonte]

No 1516, coa morte de Fernando o Católico, o fillo máis vello de Xoana, o príncipe Carlos I de España recibiu os títulos das coroas de Castela e Aragón, de xeito que Xoana de Castela non sucedeu nunca ao seu pai en Aragón. Á morte de Fernando, en tanto o príncipe Carlos non chegou a Castela, o Cardeal Cisneros exerceu a rexencia deste coroa. Cabe engadir que Xoana nunca foi declarada incapaz polas Cortes castelás, e endexamais se lle retirou o título de raíña. Mentres ela viviu, nos documentos oficiais debía figurar en primeiro lugar o nome da raíña Xoana.

Durante a Guerra das Comunidades de Castela, os partidarios da revolta intentaron gañar o apoio da raíña confinada en Tordesillas. Nesa cidade castelá pasou Xoana o resto da súa vida, até falecer o 12 de abril de 1555, despois de 46 anos de reclusión forzosa e sempre vestida de negro.


Xoana I de Castela
Nacemento: 6 de Novembro 1479 Falecemento: 12 de Abril 1555


Títulos Reais
Precedido por
Isabel "a Católica"


Raíña de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén, Alxeciras, e Granada

1504–1555
xunto con Filipe I (1504–1506)
Carlos I (1516–1555)
Sucedido  por
Carlos I de España
Precedido por
Fernando II de Aragón


Raíña de Aragon, Sicilia, Valencia, Mallorca, Nápoles; Condesa de Barcelona
1516–1555
xunto con Carlos I de España (1516–1555)
Outros títulos Nobiliarios
Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón


Duquesa consorte de Brabante, Limburg e Lothier,
Duquesa consorte de Luxemburgo, Marquesa consorte de Namur, Condesa consorte de Artois e Flandres,
Condesa consorte de Charolais,
Condesa consorte de Hainaut, Holanda e Zeeland,
Condesa consorte de Borgoña

20 de Outubro de 1496 – 25 Setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal
Vacante
O último posuidor do título foi
Miguel da Paz


Princesa de Asturias
1502–1504
Sucedido  por
Archiduque Carlos
Títulos que reclamou


Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón
— TITULAR —
Duquesa consorte de Borgoña
20 de Outubro de 1496 – 25 de Setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en catalán.