Saltar ao contido

Mario Camus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario Camus

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata
Santander Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Santander Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCiriego cementery Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoGuión cinematográfico e dirección de cine Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo España Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, guionista de cinema, escritor, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0133426 Allocine: 7300 Allmovie: p83996 Enciclopedia Galega Universal: 93676 BNE: XX862464 Editar o valor en Wikidata

Mario Camus, nado o 20 de abril de 1935 en Santander (Cantabria) e finado o 17 de setembro de 2021,[1] foi un director e guionista de cinema español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito e posteriormente cursou estudos de cinema na Escola Oficial de Cinema. Pertenceu á xeración do "Nuevo Cine Español" (do castelán: Novo Cinema Español) da que forman parte, entre outros, Carlos Saura, Basilio Martín Patino, José Luís Borau, Julio Diamante, Miguel Picazo e Manuel Summers.

É recoñecida a súa mestría na adaptación de textos literarios ao cinema, como se comproba nas películas baseadas en obras de Calderón de la Barca e Lope de Vega (La leyenda del alcalde de Zalamea, 1972), Ignacio Aldecoa (Young Sánchez, 1964, Con viento solano, 1967 e Los pájaros de Baden-Baden, 1975), Pérez Galdós (a serie de televisión Fortunata y Jacinta), Camilo J. Cela (La colmena, 1982), Miguel Delibes (Los santos inocentes, 1984), García Lorca (La casa de Bernarda Alba, 1987).

Xunto a un cinema máis comercial ao servizo do cantante Raphael e de Sara Montiel nos anos sesenta e obras de xénero, como o western La cólera del vento (1970) ou as historias de amor conflitivo Volver a vivir (1968) e La nueva casada (1975), realizou as súas películas máis persoais xa na década do noventa, coa análise do terrorismo de ETA presente en Sombras en una batalla (1993) e La playa de los galgos (2002) e as fábulas críticas coa sociedade capitalista Después del sueño (1992), Encostados (1997) e El color das nubes (1998). Escribiu os libros de relatos Un fuego oculto (Madrid, 2003) e Apuntes del natural (Santander, 2007).

En 2011 recibiu o Premio Goya de honra.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoSerie
2007El prado de las estrellas
2002La playa de los galgos
1999La ciudad de los prodigios
1998La vuelta de El Coyote
1997El color de las nubes
1995Adosados
1993Sombras en una batalla
1992Después del sueño
1990La Mujer y el Pelele
1987La rusa
1987La casa de Bernarda Alba
1985La vieja música
1984Los santos inocentes
1982La colmena
1978Los días del pasado
1975Los pájaros de Baden-Baden
1972La leyenda del alcalde de Zalamea
1967Con el viento solano
1964Young Sánchez
1963Muere una mujer

Televisión

[editar | editar a fonte]
AnoSerieDirector/es
1990La femme et le pantin (D)Mario Camus
1990La forja de un rebelde (G)Manuel Octavio Gómez
1983Los desastres de la guerra (D)Mario Camus
1980Fortunata y Jacinta (D)(G)Mario Camus
1976Pasajes con figuras (D)Mario Camus
1976Curro Jiménez (D)Mario Camus, Antonio Drove, Pilar Miró, Rafael Romero Marchent, Francisco Rovira Beleta
1973Los camioneros (D)Mario Camus
1972Si las piedras hablaran (D)Mario Camus
1968Cuentos y leyendas (D)Mario Camus

(D) - Director; (G) - Guionista

  1. ↑ "Morre o director de cinema Mario Camus". Faro de Vigo. 18 de setembro de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2021.