Amparo Rivelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmparo Rivelles

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara Editar o valor em Wikidata
11 de febreiro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteOsteoporose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActriz
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisRafael Rivelles Editar o valor em Wikidata  e María Fernanda Ladrón de Guevara Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos Larrañaga Editar o valor em Wikidata
ParentesAmparo Larrañaga (pt) Traducir (sobriña)
Luis Merlo (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0729153 Allocine: 251427 Allmovie: p60421 TCM: 162331 Editar o valor em Wikidata

María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara,[1] nada en Madrid o 11 de febreiro de 1925 e finada no mesmo lugar o 7 de novembro de 2013, foi unha actriz española de ampla traxectoria teatral e cinematográfica iniciada en 1939.[2][3] Converteuse, xunto coa actriz Aurora Bautista, na principal figura feminina do cine español da posguerra mercé ás producións de Cifesa.

Coñecida como a "raíña das telenovelas mexicanas", no país azteca tamén logrou enorme popularidade polos seus traballos para a televisión, ademais de pertencer á chamada Época de Ouro do cine mexicano. De volta ao seu país natal, protagonizou a adaptación de Los Gozos y las sombras e foi a primeira actriz galardoada co Premio Goya da Academia de Cine, por Hay que deshacer la casa (1986).

Até o seu retiro en 2006 interpretou obras de Jacinto Benavente, Enrique Jardiel Poncela, Miguel Mihura, Jean Cocteau, Fernando de Rojas, Jean Giraudoux, Óscar Wilde e Alejandro Casona, entre outros.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid no seo dunha familia con gran tradición na escena. Filla dos actores Rafael Rivelles e María Fernanda Ladrón de Guevara, foi irmá por parte de nai de Carlos Larrañaga e tía de Amparo Larrañaga e Luis Merlo.

Con catorce anos incorporouse profesionalmente á compañía teatral da súa nai e un ano despois apareceu na súa primeira película. Ao comezo da década de 1940 asinou un contrato en exclusiva coa produtora Cifesa, interpretando papeis protagonistas en Alma de Dios, de Ignacio Farrés Iquino; Malvaloca, de Luis Marquina; Eloísa está debajo de un almendro, El clavo e La fe, de Rafael Gil; Eugenia de Montijo, de José López Rubio ou Alba de América, de Juan de Orduña, que a conduciron rapidamente ao éxito e o recoñecemento.[5]

Traballou á vez en teatro, onde en 1947 representou A puerta cerrada, de Jean-Paul Sartre, con dirección de Luis Escobar e xunto a Lola Membrives e Guillermo Marín.

Rodou ás ordes de Orson Welles na versión española de Mister Arkadin (1955) e de Tulio Demicheli en La herida luminosa (1956).

Trasladouse a América para traballar na televisión cubana e estableceu a súa residencia durante vinte anos en México, onde fixo teatro e rodou moitas películas e famosas telenovelas, moitas delas en compañía do actor mexicano Ernesto Alonso.[6] O seu regreso a España produciuse en 1979 coa obra Salvar a los delfines, de Santiago Moncada, sendo xa considerada unha das actrices máis prestixiosas do panorama español.[7][8]

Aínda que potenciou a súa carreira teatral, en 1986 conseguiu o primeiro Premio Goya á mellor actriz, pola película Hay que deshacer la casa, que rodou José Luis García Sánchez a partir da obra de Sebastián Junyent que Rivelles representara en múltiples escenarios xunto a Lola Cardona. Con Esquilache (1989), de Josefina Molina, obtivo un segundo nomeamento, esta vez como actriz secundaria.[9]

Para televisión destacou o seu traballo nas adaptacións de dous clásicos literarios: Os gozos e as sombras (1982), con Eusebio Poncela, Charo López e Carlos Larrañaga nos papeis principais e La Regenta (1995), de Fernando Méndez-Leite.

En 1996 recibiu o Premio Nacional de Teatro. En 2004 recibiu por votación popular o IX Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert, que concede por votación a Asociación de Amigos de los Teatros de España (Amite).

Tamén foi Doutora Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia, sendo a primeira actriz en recibir tal honra. A pesar de non vivir nunca en Valencia, sentíase moi vinculada a esta cidade, da que foi filla adoptiva, xa que nela estaban as súas orixes.

Co teatro como eixo da súa actividade profesional, en 2004 anunciou que a representación de La brisa de la vida, que encabezaba xunto a Núria Espert, podería ser a súa última función, aínda que tamén afirmou que "se atopo algo que me ilusione, que me apeteza moito, fareino, pero se non, esta pode ser unha preciosa despedida".[10] Dixo adeus ao teatro en xaneiro de 2006 tras unha representación de La duda en Santander, mesma cidade do seu debut en escena.[11]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Cara a 1942 viviu un primeiro noivado co actor Alfredo Mayo. Nunca contraeu matrimonio e a comezos da década de 1950 afrontou en solitario a maternidade da súa filla María Fernanda, que lle deu dous netos. A súa neta Amparo, residente en México, faleceu no verán de 1981 con só oito anos de idade vítima de lupus eritematoso.

Morreu en Madrid o xoves 7 de novembro de 2013 aos 88 anos de ida, vítima de osteoporose, no Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz.[12][13]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1941 Mari Juana Mari Juana
1941 Alma de Dios Eloísa
1942 Los ladrones somos gente honrada Herminia
1942 Malvaloca Malvaloca
1943 Un caballero famoso Eugenia
1943 Deliciosamente tontos María Espinosa
1943 Eloísa está debajo de un almendro Mariana
1944 El clavo Blanca
1944 Eugenia de Montijo Eugenia de Montijo
1945 Espronceda Teresa Mancha
1947 La fe Marta Osuna
1947 Fuenteovejuna Laurencia
1947 Angustia Elena
1948 La calle sin sol Pilar
1948 María de los Reyes
1949 Sabela de Cambados Tonucha
1949 La duquesa de Benamejí Reyes de la Vega, duquesa de Benamejí / Rocio, xitana
1950 Si te hubieses casado conmigo Isabel / Victoria Garrido
1950 De mujer a mujer'' Isabel
1951 La leona de Castilla María de Pacheco
1951 Alba de América Raíña Isabel a Católica
1953 I Piombi di Venezia Donna Diamante Orsenigo
1954 Tres citas con el destino
1955 El indiano Yolanda
1956 La herida luminosa Isabel
1957 El batallón de las sombras Magdalena
1957 Agguato a Tangeri Lola
1958 Los hijos del divorcio María Díaz
1960 El amor que yo te di Norma Quiroz
1960 Un ángel tuvo la culpa Prostituta
1960 El esqueleto de la señora Morales Gloria Morales
1964 Historia de un canalla Lina Torres
1964 Los novios de mis hijas Dona Paz Rocosa
1966 El fugitivo
1969 El día de las madres Cecilia
1970 Los problemas de mamá Paz
1970 Remolino de pasiones Gabriela Requena de Solorzano
1970 La viuda blanca Alejandra Castelar
1971 Ave sin nido
1971 El juicio de los hijos Andrea Altamirano
1971 Una vez, un hombre...
1972 El medio pelo Paz García
1972 Quién mató al abuelo?
1972 Indio
1972 Hay ángeles sin alas Sor Margarita
1974 Presagio Rufina
1974 La madrastra Mercedes
1982 La casa de Bernarda Alba Bernarda Alba
1983 Soldados de plomo Dona Mercedes
1986 Hay que deshacer la casa Laura
1989 Esquilache Isabel de Farnesio
1991 El día que nací yo María Teresa Murillo
1995 Mar de luna
1999 El olor de las manzanas Violeta Curtametraxe

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1960 Pensión de mujeres
1960 Pecado mortal
1960 La mujer dorada Elvira
1960 El otro
1961 Niebla
1961 La leona
1961 Estafa de amor
1962 Sor Juana Inés de la Cruz Sor Juana Inés de la Cruz
1962 Las momias de Guanajuato
1962 Adiós, amor mío
1963 Tres caras de mujer
1963 Doña Macabra
1964 Gabriela Gabriela
1965 Una mujer
1965 Llamada urgente
1965 El abismo
1966 Cristina Guzmán Cristina Guzmán
1967 La tormenta Lidia
1967 Lágrimas amargas
1967 Anita de Montemar Anita de Montemar
1969 Sin palabras Chantal Arnould
1970 La cruz de Marisa Cruces Marisa Cruces
1973 La hiena
1975 Lo imperdonable Alejandra Fonseca
1978 Pasiones encendidas María
1979 Estudio 1 Rocío / Isabel 2 episodios: "La mamma" e "Rosa de otoño"
1982 Os gozos e as sombras Dona Mariana
1984 La comedia Mercedes 1 episodio: "El caso de la mujer asesinadita"
1986 La voz humana 1 episodio: "La voz humana"
1989 Primera función Laura 1 episodio: "Hay que deshacer la casa"
1993 Rosas de otoño Telefilme
1994 Un, dos, tres... responda otra vez Adiviña 1 episodio: "Los signos del zodiaco"
1994 Función de tarde Mistress Erlynne 1 episodio: "El abanico de Lady Windermere"
1995 La regenta Dona Paula
1995 Farmacia de guardia Aurora 1 episodio: "Las apariencias engañan"
1998 Una de dos Charo
2009 MIR 1 episodio: "No sé quién eres"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nome completo". www.españaescultura.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. "Fallece Amparo Rivelles" (en castelán). 8 de novembro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  3. "Falece a actriz Amparo Rivelles". 8 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  4. "Entrevista a Amparo Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 28 de maio de 1980. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  5. "Amparo Rivelles: «Me enamoré hace mucho del teatro y sé que no lo cambiaría por nada»". ABC (xornal) (en castelán). 16 de decembro de 1988. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  6. "Amparo Rivelles todavía en la brecha". ABC (xornal) (en castelán). 25 de agosto de 1974. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  7. "Triunfal reaparición de Amparo Rivelles con "Salvar a los delfines"". ABC (xornal) (en castelán). 16 de setembro de 1979. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  8. "La vuelta de Amparo Rivelles". El País (en castelán). 18 de setembro de 1979. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  9. "Amparo Rivelles, Premio Goya a Mejor Actriz Protagonista 1987". Youtube. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  10. "Amparo Rivelles se aleja del teatro". La Nación (en castelán). 9 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  11. "Amparo Rivelles suspende la gira de 'La duda' e insinúa su retirada" (en castelán). 25 de xaneiro de 2006. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  12. "Amparo Rivelles: «Me respetaron porque nunca vendí mi vida privada»" (en castelán). 9 de novembro de 2011. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  13. "La capilla ardiente de Amparo Rivelles, instalada en el Teatro Alcázar" (en castelán). 8 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]