Tristana (filme)
| Tristana | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Tristana é un filme de 1970 dirixido por Luis Buñuel, baseado na novela homónima de 1892 escrita por Benito Pérez Galdós. É unha coprodución entre España, Italia e Francia.[1] Está protagonizado por Catherine Deneuve e Fernando Rey e foi rodado en Toledo, España. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 43ª edición dos premios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción desenvólvese en Toledo. Ao morrer os seus pais, Tristana é confiada a don Lope, un sedutor en declive que xa pasou o seu momento, mais non é capaz de aceptar a súa caducidade. Don Lope seduce a Tristana e esta convértese na súa amante dende os dezanove anos ata os vinte e un. Ela, á que el considera a súa filla e a súa muller, pídelle que a deixe estudar música e arte para poder independizarse. Tristana namórase de Horacio, un pintor que tamén sente o mesmo por ela e acaba marchando con el a Madrid. Tristana sofre un cancro de xeonllo e como consecuencia teñen que amputarlle a perna. Horacio desinterésase por ela e Tristana volve a Toledo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Catherine Deneuve como Tristana
- Fernando Rey como Don Lope
- Franco Nero como Horacio
- Lola Gaos como Saturna
- Antonio Casas como Don Cosme
- Jesús Fernández como Saturno
- Denise Menace como Armanda
- Vicente Solar como Don Ambrosio
- José Calvo como Bellringer
- Fernando Cebrián como Dr. Miquis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tristana". p. Lumiere. Consultado o 28 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tristana na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)