Saltar ao contido

Jaime de Armiñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaime de Armiñán

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) J’aime de Armiñán Oliver Editar o valor en Wikidata
9 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 2024 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, dramatic game (en) Traducir, dirección de cine e realização de televisão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, dramaturgo, escritor, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Santonja (1956–2016), morte Editar o valor en Wikidata
FillosEduardo Armiñán Santonja Editar o valor en Wikidata
PaisLuis de Armiñán Editar o valor en Wikidata  e Carmen Oliver Cobeña Editar o valor en Wikidata
ParentesCarmen Cobeña, avoa Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0035529 Allocine: 56622 Allmovie: p87008
BNE: XX870496 Dialnet: 505870 Discogs: 3793104 Editar o valor en Wikidata

Jaime de Armiñán Oliver, nado en Madrid o 9 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 2024,[1] foi un escritor, novelista, autor teatral, director e guionista de cinema e televisión español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Armiñán naceu no seo dunha familia de artistas, políticos e escritores. A súa avoa e a súa nai foron respectivamente as actrices Carmen Cobeña e Carmita Oliver; o seu avó materno o dramaturgo e escultor Federico Oliver; o seu avó paterno, o político Luis Armiñán Pérez e o seu pai o xornalista e gobernador civil Luis de Armiñán Odriozola.[2] Educado no Colegio Estudio,[3] licenciouse en dereito pola Universidade de Madrid.

Os seus primeiros pasos no mundo da arte foron como redactor de artigos en publicacións como Fotos e Dígame, á vez que escribía as súas primeiras obras de teatro, Eva sin manzana (1953), coa que gañou o premio Calderón de la Barca, Sinfonía acabada (1955) ou Nuestro fantasma (1956), que recibiu o premio Lope de Vega.

Comezou no mundo da televisión desde as súas primeiras emisións en 1957, e foiun dos principais responsables de programas de ficción durante case dúas décadas. Tamén escribiu guións para o cinema, sobre todo co director José María Forqué, como os de La becerrada (1962) ou Yo he visto la muerte (1965).

A finais da década dos sesenta, Armiñán debutou como director cinematográfico con Carola de día, Carola de noche (1969), e foi consolidando o seu propio estilo ata estrear Mi querida señorita (1971), filme escrito xunto a José Luis Borau, que foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. O filme aborda o tema do amor heterodoxo e as vidas marxinais, elementos comúns ao longo da súa filmografía e que se repetiron en filme como El amor del capitán Brando (1974), Al servicio de la mujer española (1978), El nido (1980), de novo candidata ao Óscar, ou Stico (1984), filme en que se expón o conflito dun catedrático de dereito romano que, incapaz de vivir con certa autonomía a súa vida diaria, se ofrece como escravo a un dos seus peores alumnos.

A finais da década de 1980 volveu á televisión con series populares e de éxito como Juncal (1988) e Una gloria nacional (1992), interpretadas por Francisco Rabal. Despois de rodar Al otro lado del túnel (1994), que supuxo a despedida do cinema de Fernando Rey, e El palomo cojo (1995), regresou á dirección en 2008 con 14, Fabian Road, que protagonizaron Julieta Cardinali, Ana Torrent e Ángela Molina e que apenas tivo percorrido comercial.

Continuou o seu labor como articulista, principalmente nos xornais ABC e El Mundo.[4][5][6][7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1956 casou con Elena Santonja (1932-2016), que foi a presentadora de televisión do popular programa gastronómico Con las manos en la masa na segunda metade dos anos oitenta, e coa que tivo tres fillos, Álvaro (1959), Eduardo (1962) e Carmen. Álvaro e Eduardo tamén son profesionais da dirección no cinema e na televisión.[8] A súa cuñada Carmen Santonja foi unha das integrantes dol dúo musical Vainica Doble.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoFilmeDirectorGuionistaNotas
200814, Fabian RoadSiSi
1995El palomo cojoSiSi
1994Al otro lado del túnelSiSi
1991El día que nací yoSiDirixido por Pedro Olea
1989 JuncalSiSiSerie de televisión
1987Mi generalSiSi
1985La hora brujaSi
1984SticoSi
1982En septiembreSiSi
1980El nidoSiSi
1978Al servicio de la mujer españolaSiSi
1977Nunca es tardeSiSi
1976El bengador gusticiero y su pastelera madreSiDirixido por Antonio Fraguas
1975Jo, papáSiSi
1974El amor del capitán BrandoSiSi
1973Un casto varón españolSi
1972Mi querida señoritaSiSi
1970La Lola, dicen que no vive solaSi
1969Carola de día, Carola de nocheSiSi
1968Solos los dosSiDirixido por Luis Lucia Mingarro
1967Un diablo bajo la almohadaSiDirixido por José María Forqué
1967Yo he visto a la muerteSiDirixido por José María Forqué
1965Whisky y vodkaSiDirixido por Fernando Palacios
1964La muerte viaja demasiadoSiDirixido por José María Forqué
1964Piso de solterosSiDirixido por Alfonso Balcázar
1964Tengo 17 AñosSiDirixido por José María Forqué
1964Playa de FormentorSiDirixido por Germán Llorente
1963El juego de la verdadSiDirixido por José María Forqué
1963La becerradaSiDirixido por José María Forqué
1962El secreto de MónicaSiDirixido por José María Forqué

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
  1. Javier Zurro (10 de abril de 2024). "Muere el director de cine Jaime de Armiñán a los 97 años". elDiario.es (en castelán).
  2. "Cine de la Flor: Cine multiuso". Diario ABC. 2 de agosto de 1998. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  3. "15 - Curso 2008/2009 - Centenario de Carmen García del Diestro (1908/2001)". Biblioteca Colegio Estudio. 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2016.
  4. "Carmita Oliver". Diario ABC. 27 de marzo de 1991. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  5. "Chinorris". Diario ABC. 5 de maio de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  6. "Cine de la Flor: La Carbonerita". Diario ABC. 19 de marzo de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  7. "Cine de la Flor: La película de la semana". Diario ABC. 8 de setembro de 1997. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  8. ""Las cámaras también tienen las patas negras y dan cornadas"". Diario ABC. 4 de maio de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  9. Biografía del circo
  10. Juncal
  11. Cine de la flor
  12. Diario en blanco y negro
  13. La dulce España
  14. Catalina Buezo (Ed.), Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido, Jaime de Armiñán, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Asión Suñer, Ana, "Memoria y reflexión en el cine de Jaime de Armiñán", En La Tadeo DeArte, n.º 5, 2019, pp. 134-141
  • Buezo, Catalina, "Jaime de Armiñán y los medios de comunicación como difusores de ideas reformistas", En Espéculo: Revista de Estudios Literarios, n.º 20, 2002. Arquivado 18 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
  • Crespo, Pedro, Jaime de Armiñán: los amores marginales, Huelva, Festival de Cine Iberoamericano, 1987.
  • Diego, Patricia y Grandío, María del Mar, “Producción y programación de series cómicas de TVE en la época franquista: Jaime de Armiñán y las primeras comedias costumbristas”. En Estudios sobre el Mensaje Periodístico, Vol. 20, Núm. especial, 2014, pp. 105-120.
  • Galán, Diego, Jaime de Armiñán. Huesca, Festival de Cine de Huesca 1990. ISBN 84-404-7240-4
  • Tejeda, Carlos (coord.), El pulso del narrador. Los contrapuntos de Jaime de Armiñán. XVI Festival Solidario de Cine Español de Cáceres, Fundación ReBross, Notorious Ediciones, 2009. ISBN 978-84-936000-9-9
  • VV. AA, Jaime de Armiñán y su mundo. Valencia, Fundación Municipal de Cine/Mostra de Valencia, 2001. ISBN 84-8484-016-6

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]