BaNjO

Conversa usuario:Banjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conversa usuario:BanjoBot 2.0")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12, 13, 14

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon OOUI JS signature icon LTR.svg or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón OOUI JS signature icon LTR.svg, o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão OOUI JS signature icon LTR.svg, ou con --~~~~. Obrigado!

Crystal 128 knode.png Tech News / Signpost

  T     S  

Cambio de Lebre por Lepus[editar a fonte]

Ola Banjo. Comprobei que no artigo Eulagos (subxénero) cambiaches, parece que automaticamente, no "nome de xénero" do cadro de clasificación, o Lebre|Lepus, que eu puxera, por Lepus (e non sei se o fixeches noutras oasións). Naturalmente que estou de acordo en que o xénero é Lepus, faltaría máis, pero o que ocorre é que se poño isto, automaticamente se redirixe ao artigo da constelación Lepus. Como nestes días ando a traballar en artigos de lepóridos isto está a causarme moitas complicacións, como explico na páxina de conversa do artigo Lebre, que moito che agradeceria que vistaras. Un saúdo, e feliz aninovo. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 17:59 (UTC)

@Xoio: Non cambiei nada nese artigo. Ese artigo ten 5 edicións, catro túas e unha do meu bot no que este só formateou un espazo en branco. Cando teña oportunidade revisarei a cuestión do título do artigo do xénero que indicas. Banjo tell me 1 de xaneiro de 2019 ás 19:59 (UTC)
Grazas pola contestación. E cando poidas ver o que digo na convera de Lebre comprobarás as incoherencias que che conetei. --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2019 ás 20:29 (UTC)

Francesc Boix[editar a fonte]

Boa tarde Banjo. Agradeceríache que, cando teñas un momento, me botaras unha man. Veño de facer o artigo Francesc Boix i Campo e teño dous problemiñas coas notas coas que levo toda a tarde pegándome con elas e non dou feito. Un, coido que debe ser máis sinxelo de amañar, a nota 14 debería ser a mesma cá 2 pero non consigo facelo. E, o maior problema é o que aparece na nota 6 ("erro no código da cita 22) que no consigo amañalo. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 19:30 (UTC)

@MAGHOI: Feito! Feito! Á hora de reutilizar referencias non é necesario poñer as referencias completas en cada instancia, con poñer a primeira, asignarlle un nome e facer referencia a ese nome nas seguintes aparicións é suficiente. Tes máis información sobre isto en Axuda:Citas ao pé#Citas ao pé: reutilizar unha mesma fonte Banjo tell me 11 de xaneiro de 2019 ás 21:57 (UTC)
Mil grazas. Normalmente xa o fago así, pero desta volta non sei que pasou. Fixen a tradución da wiki catalá e completeina con informacións da española e, de súpeto, comezou a facer cousas raras e pensei que había algún rollo de html. Mirei na edición da fonte, e a cada paso liábame máis. Grazas, de novo.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 23:07 (UTC)