Orson Welles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Orson Welles
Orson Welles 1937.jpg
Orson Welles con vinte e dous anos
Nacemento 6 de maio de 1915
  Kenosha
Falecemento 10 de outubro de 1985
  Os Ánxeles
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Ronda
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión cristianismo e ateísmo
Educado en Todd Seminary for Boys e School of the Art Institute of Chicago
Ocupación actor de cinema, director teatral, director de cine, produtor de cine, montador, guionista, libretista, actor de xénero, dramaturgo, locutor de radio, magician, Actor de teatro, actor e theatrical producer
Cónxuxe Rita Hayworth, Paola Mori e Virginia Nicolson
Fillos Michael Lindsay-Hogg e Beatrice Welles
Premios Oscar ó mellor guión orixinal, AFI Life Achievement Award, Premios Oscar, Palma de Ouro e León de Ouro
editar datos en Wikidata ]

George Orson Welles, nado en Kenosha (Wisconsin) o 6 de maio de 1915 e finado en Hollywood ( California) o 10 de outubro de 1985, foi un actor, director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Beatrice Ives e de Richard Head Welles, en 1918 participa como actor nunha representación da ópera Samson and Delilah.

Aos 18 anos, Welles comezou a traballar no teatro en Irlanda. Logo trasladouse a Nova York, onde debutou ao ano seguinte en Broadway coa representación de Romeo e Xulieta. Fundou posteriormente a compañía de teatro Mercury Theatre, coa que obtivo grande éxito. En 1938, xunto con varios colegas da súa compañía, representou por radio, na cadea CBS, unha adaptación da obra de H. G. Wells A guerra dos mundos. O realismo foi tal que a emisión causou auténtico pánico en Nova Jersey, onde segundo a obra tiña lugar a invasión dos extraterrestres. Este episodio deulle fama mundial, e levouno á RKO Pictures a contratalo en 1939 con plena liberdade para escribir, producir e dirixir.

Posteriormente, Welles convenceu ao guionista Herman J. Mankiewicz para escribiren unha historia baseada na vida de William Randolph Hearst, magnate da prensa, propietario de dous importantes xornais. Tras uns retoques que el mesmo realizou no guión, Welles dirixiu a película co título de Cidadán Kane. Hearst tentou prohibir a proxección, pero estreouse en 1941 con grande éxito de crítica, aínda que non de taquilla, debido ás trabas que tivo na distribución, promovidas por Hearst.

Actor prolífico, Welles a míudo valíase do seu traballo de actor para financiar os seus proxectos como director. Foi un dos directores de maior talento da historia do cine, Cidadán Kane, no seu momento e agora, representou (e representa) un prodixio da técnica e narrativa cinematográfica. O plano secuencia inicial (unha toma ininterrompida de varios minutos) de Sede de mal amosa un dominio da posta en escena e organización dos movementos como só un cineasta da súa categoría podía conseguir. Mesmo obras menores coma O estraño presentan pegadas do seu grande talento.

En ocasións é difícil establecer a cronoloxía exacta da súa filmografía debido ás películas que iniciou e non puido rematar por falta de financiamento.

Filmografía parcial como director[editar | editar a fonte]

  • The Hearst of Age (curtametraxe, 1934)
  • Cidadán Kane (1941)
  • A magnificencia dos Amberson (1941-42)
  • It's all True (filme inacabado, 1942)
  • Journey into fear (1943)
  • O estraño (1945)
  • Lady from Shangai (1946-47)
  • Macbeth (1947)
  • Othello (1949-52)
  • Don Quixote (inacabada, 1954-55)
  • Touch of Evil (1958)
  • Le Procès (1962)
  • Chimes at Midnight (1964-65)
  • The Inmortal Story (1966)
  • The Deep (inacabada, 1967)
  • The other side of the wind (inacabada, 1970)
  • F for Fake (1973)
  • Filming Othello (1978)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]