John Frankenheimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Frankenheimer
Nacemento19 de febreiro de 1930
Lugar de nacementoQueens
Falecemento6 de xullo de 2002
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio e Ictus
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWilliams College
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, guionista, produtor de televisión e realizador
CónxuxeEvans Evans
PremiosPrimetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special e Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special
Na rede
IMDB: nm0001239 Allocine: 111 Rottentomatoes: celebrity/john_frankenheimer Allmovie: p90382 TCM: 65276 TV.com: people/john-frankenheimer
Musicbrainz: 67c778af-94de-4dce-824e-bcd2df622205 Find a Grave: 6580879 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
John Frankenheimer

John Michael Frankenheimer, nado en Nova York o 19 de febreiro de 1930 e finado nos Ánxeles o 6 de xullo de 2002, foi un director de cine e televisión estadounidense, recoñecido polos seus dramas sociais e filmes de acción e suspense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no cume da guerra fría[1] e as súas 30 longametraxes para cine e 50 obras para televisión foron notables pola súa influencia no pensamento contemporáneo e convertérono nun pioneiro do suspense político contemporáneo. En moitos dos seus filmes creou dilemas psicolóxicos que tiña que resolver o seu protagonista masculino así como un forte "sentido do contorno"[1] semellante en estilo aos filmes de Sidney Lumet, para quen traballou como axudante de director. Dirixiu actores como Gregory Peck, Donald Sutherland, Jean Reno, Lee Marvin, Deborah Kerr, Eva Marie Saint ou Steve McQueen e entre as súas películas máis coñecidas están O home de Alcatraz (1962), The Manchurian Candidate (1962), Seven Days in May (1964), The Train, (1964), Grand Prix (1966), Black Sunday (1977) e Ronin (1998). Gañou catro Emmy consecutivos na década de 1990 polos telefilmes Against the Wall, The Burning Season, Andersonville e George Wallace, o cal tamén levou un Globo de Ouro. Foi considerado un dos últimos directores que levaban un control completo sobre todos os elementos da produción, o que facía o seu estilo único en Hollywood.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Yoram Allon, Yoram; Cullen, Hannah Patterson. Contemporary North American Film Directors, Wallflower Press (2000) pp. 181-183