Baldo Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baldo Ramos
Baldo Ramos (AELG)-2.jpg
Nacemento1 de xaneiro de 1971
 Celanova
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónPoeta, escultor e profesor
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía Hispánica
Na rede
AELG: 142 Dialnet: 1962530
editar datos en Wikidata ]

Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.

Traballou como docente no instituto de Valga e despois no IES de Sar en Santiago de Compostela impartindo clases de lingua castelá e literatura[1].

Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica[2], expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka, así como o libro Mongólia: umha entidade estatal rugosóide (2001) de Ígor Lugrís.

A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega[3].

É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.

Obra literaria en galego[editar | editar a fonte]

Libraría Paz, Pontevedra, 31/05/2018

Poesía[editar | editar a fonte]

Con Lorena Conde en Pontevedra, 31/05/2018

Libros de artista (selección)[editar | editar a fonte]

  • As follas da memoria (2001).
  • Signos de cinza (2003).
  • Cega mudez (2004).
  • Palabras de papel (2004).
  • Deshabitada espera (2005).
  • Homenaxe a Lorca (2005).
  • Homenaxe a Valente (2008).
  • Luz primeira (2008).
  • Na fronteira do dicir (2008).
  • Aldara (2009).
  • Sorga (2010).
  • Candeloria (2011).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • A Ramallosa. Caligrafías de luz (2011, Asociación Arraianos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Os ollos das palabras (2012, Xunta de Galicia). Con Caxigueiro.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
  • Novas de poesía. 17 poetas (2013), Fundación Uxío Novoneyra.
  • Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (2013). Con Carlos González Villar.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • CaRa inversa, con Xosé María Álvarez Cáccamo (2014, Follas Novas).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • 1+1=3, 2016, Positivas. Poesía. Con Franck Meyer.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía. (Ediciones Liliputienses, 2017).
  • En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).
  • Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Premios[editar | editar a fonte]

Obra literaria en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Los ojos de las palabras (2002, Fundación María del Villar Berruezo).
  • El sueño del murciélago (2003, Pre-textos).
  • Diario de una despedida (2005, Amarú Ediciones).

Libros de artista (selección)[editar | editar a fonte]

  • Muere el pájaro en el aire, 2004.
  • Palabras sin nadie, 2004.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio María del Villar Berruezo no 2002, por Los ojos de las palabras.
  • Premio Arcipreste de Hita no 2003, por El sueño del murciélago.
  • Accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, por Diario de una despedida.

Obra pictórica[editar | editar a fonte]

Ten exposto individualmente en galerías de Galicia, Portugal e Madrid, e de xeito colectivo en:

  • I Premio Auditorio de Galicia, 2001, Santiago de Compostela.
  • XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre, 2001.
  • Bienal Itinerante Eixo Atlántico, 2002-2003, Vigo/Porto.
  • VI Bienal de Lalín Laxeiro, 2003.
  • DeArte Contemporáneo / Feria de Galerías Españolas, do 2005 ao 2011, Madrid.
  • Universidade de Talca, 2005, Chile.
  • Galería Unión Latina, 2006, Montevideo.
  • Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, 2006, Casa de la Moneda / Calcografía Nacional, Madrid.
  • Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Baldo Ramos". aelg.gal. Consultado o 31/05/2018. 
  2. Lorenzo, Carlos. "Recursos didáctico sobre Baldo Ramos" (PDF). Vértice de versos. Consultado o 31/05/2018. 
  3. "Baldo Ramos". Poemas del Alma. Consultado o 31/05/2018. 
  4. "Cartas dende o esquenzo". Editorial Galaxia. Consultado o 31/05/2018. 
  5. Seara, Xosé Antonio (outubro, novembro, decembro 2019). "Fundación da permanecia". Grial LVII (224): 107. ISSN 0017-4181. 
  6. Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "Certeza e anunciación". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181. 
  7. "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24.