Guadi Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guadi Galego
GuadiGalegoCrop.jpg
Nome completo Guadi Galego
Nacemento 1974
Orixe Cedeira, Galicia Galicia
Xénero Folk
Instrumento(s) Gaita, piano e voz
Relacionado con Berrogüetto, Espido e Nordestin@s
Na rede
guadigalego.eu
editar datos en Wikidata ]

Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto até xaneiro de 2008, cando abandonou a banda; tamén formou parte do dúo Espido e de Nordestin@s. A súa carreira en solitario iniciouse co álbum Benzón, que se publicou en 2009.

Discografía[editar | editar a fonte]

Presentación dun concerto na Estrada en 2017.

Traballos propios[editar | editar a fonte]

Traballos con Berrogüetto[editar | editar a fonte]

Traballos con Nordestin@s[editar | editar a fonte]

  • Nordestin@s (2006, Falcatruada).

Traballos con Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero[editar | editar a fonte]

  • aCadaCanto (2012).
  • A rosa d'Adina (2013, Músicas de Salitre).

Galardóns[editar | editar a fonte]

Con Berrogüetto[editar | editar a fonte]

  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao segundo mellor álbum galego por 10.0 no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na edición dos Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.

Con Nordestin@s[editar | editar a fonte]

  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego do 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pardo, Miguel (17 de maio de 2018). "Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega"". Praza Pública. Consultado o 18 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Guadi Galego". culturactiva.org. Consultado o 17-04-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.